A epidemia de cólera esténdese por África Occidental
A Organización Mundial da Saúde (OMS) e UNICEF advertiron hoxe de que a actual emerxencia por cólera en África Occidental pode empeorar moito máis polas chuvias e inundacións, que crean as condicións para a rápida propagación da enfermidade.
Neste ano xa se detectaron 55.289 casos de cólera en 15 países e unhas 1.109 persoas morreron. A enfermidade estase a estender rapidamente polos países da conca do Río Man (Guinea, Liberia e Serra Leoa), ao longo do río Congo -afectando á poboación da República do Congo e da República Democrática do Congo- e o oeste de Níxer. "É necesario actuar de xeito urxente en áreas críticas paradeter a propagación desta enfermidade ", dixo o Director Rexional para África da OMS,Luis Sambo. "Os gobernos teñen que declarar a emerxencia con rapidez para poder dispoñer do apoio técnico, e outros tipos de apoio, dos aliados. Igual de fundamental é mellorar a vixilancia e a colaboración transfronteiriza entre as autoridades sanitarias. "
Aumentan os casos de cólera na rexión
O número de casos detectados este ano en África Occidental e Centralestá un 34% por enriba do mesmo período de 2011, marcando unha tendencia de empeoramento, xa que se prevén moitos casos máis debido á tempada de chuvias. As taxas de mortalidade na rexión roldan o 8%, unha cifra que é inaceptablemente alta. A cólera é unha enfermidade ocasionada por unsaneamento deficiente e pódese contraer aocomer alimentos ou beber líquidos contaminados. A falta de recursos sanitarios axeitados pode provocar que o tratamento se administre tarde ou de xeito inadecuado. A enfermidade vai a miúdo asociada aos sectores de poboación máis pobres e máis vulnerables, xa que son os que teñen maiores dificultades de acceso a servizos como latrinas ou subministración de auga limpa. Os equipos daOMS nos países afectados traballan cos gobernos para asegurar unha resposta eficaz, mentres queUNICEF está a subministrar equipamento, cloro e medicamentos.
"As medidas de saúde pública deben converterse en algo moito máis prioritario para os gobernos", dixo Manuel Fontaine, Director interino de UNICEF en África Occidental e Central. "Estamos a ver como os nenos e as súas familias son presa dunha enfermidade que é evitable. A OMS, os gobernos e axencias como a nosa, estamos a levar a cabo unha resposta de emerxencia. Pero necesitamos lograr que cando unha nai dea de beber o seu fillo non teña que preocuparse se iso lle matará. "