epública Dominicana: realidade, compromiso e esperanza
Post de Tomás Franquet, Responsable de Alianzas Corporativas de Meliá Hotels International.
Durante catro días tiven a oportunidade de visitar, en
representación de Meliá Hotels
International e da man de UNICEF República Dominicana eUNICEF Comité
Español, os proxectos que se financian
neste país do Caribe no marco daalianza
estratéxica que nos une.
Foi unha viaxe intensa, de grandes impactos vitais, un golpe de realidade. Resultou moi satisfactorio poder coñecer de primeira mancomo traballa UNICEF sobre o terreo, así como o destino dos fondosque, ao longo dos últimos tres anos, contribuímos a conseguir implicando os nosos stakeholders (grupos de interese).
Formación á Policía Turística,entidades de barrio e educacióndirecta a nenos na escola son só algunhas das importantes iniciativas financiadas cos fondos que UNICEF está a recibir en República Dominicana.
Visitamos os barrios e zonas nas que, con frecuencia, se produce a captación denenos, e compartimos un tempo inesquecible con nenos que, en moitos casos, foran explotados.Transmitíronnos os seus pensamentos, ilusións e desexos.
Esta viaxe permitiu que aaposta de Meliá pola infancia cobre un novo significado. Encontrarse fronte a fronte con nenos aos que as circunstancias da vida non lles deixan ser nenos, marca. Pero o que marca de verdade é que estes nenos se empeñan en seguir sendo nenos.
CONTRA A EXPLOTACIÓN SEXUAL COMERCIAL INFANTIL
Fórmanse para aprender a dicir que non,
a negarse a tomar o camiño doado, a ensinar outros nenos que deben
seguir sendo iso, nenos. E fano xunto a un grupo de persoas cuxa
función e vocación os leva a actuar. Funcionarios, fiscais,
policías, coidadoras, mestres, voluntarios, familias e
empresas traballando de forma coordinada para erradicar
esta eiva, bota motivos para a esperanza.
En República Dominicana non somos só un referente como empresa hoteleira. O noso compromiso co país é patente e, ademais, puidemos constatar o agradecemento que nenos, profesores, voluntarios e autoridades senten cara á nosa compañía.
Estamos orgullosos de formar parte deste gran compromiso de todos na loita contra aexplotación sexual comercial da infancia. Ser referente e ter compromiso leva consigo unha gran responsabilidade, polo que esta visita nos anima, máis se cabe, a seguir traballando a favor da infancia.