Eroski únese á loita contra a desnutrición

UNICEF España e Eroski puxeron en marcha este Nadal a 'Enrólate e envolve de vida os teus regalos', para loitar contra a desnutrición infantil en África mediante a venda de papel de regalo.

Eroski doará a UNICEFEspaña a totalidade dos fondos que consiga nos74 hipermercados que pon a disposición desta iniciativa solidaria ata o 5 dexaneiro.UNICEF España ten posto a disposición dos clientes de EROSKI un equipo de monitores para empaquetar os regalos dos que contribúan coa compra de papel de regalo e informar sobre o destino da súa achega. Nos países en desenvolvemento, case 200 millóns de nenos menores de cinco anos sofren desnutrición crónica, que produce atraso físico e mental no seu desenvolvemento, hipotecando o seu futuro e o das súas comunidades. UNICEF traballa para previr a desnutrición infantil durante os 1.000 días cruciais para a vida, un período que vai dende o embarazo ata que o neno cumpre dous anos.  

Participando nesta iniciativa, podemos conseguir:

[]
  • Coa compra de1 unidade de papel de regalo, os clientes deEROSKI garanten alimentos terapéuticos para tres nenos durante un día para combater a desnutrición aguda grave.
  • Coa adquisición de2 unidades conséguese a subministración desuplementos de micronutrientes a 160 nenos.
  • Con 3 unidades de papel de regalo, 480 nenos poderán obtervitamina A para previr a cegueira.
  • O valor de 4 unidades de papel de regalo equivale a sete paquetes degalletas enerxéticas fundamentais en situacións de emerxencias.
  • Coa compra de5 unidades, 58 familias dispoñerán de auga potable durante un mes grazas á subministración de 1.600 pastillas potabilizadoras