As escolas convértense en centros que salvan vidas no Corno de África
Esta semana comeza o novo curso nos países afectados pola seca no Corno de África. Ante esta situación, UNICEF intensifica os seus esforzos para que todos os nenos poidan asistir á escola, onde se facilita o acceso aos servizos básicos.
"Nas comunidades afectadas, as escolas tamén aseguran acceso a auga potable, saneamento e programas de alimentación, ademais de ofrecer un espazo seguro para protexer os nenos da violencia e a explotación," explica o Director Rexional de UNICEF para o Leste e Sur de África, Elhadj As Sy.
as escolas salvan vidas
As escolas e centros infantís contribúen á prevención de enfermidades, formando os nenos en hábitos de hixiene e saneamento. "Á parte de asegurar un ensino básico, as escolas e os centros infantís xogan un papel importante para difundir entre os nenos mensaxes sobre nutrición, hixiene, saneamento e coñecementos sobre saúde. Son mensaxes que poden salvar vidas, esenciais hoxe por hoxe no Corno de África", explicou o representante de UNICEF. Ademais, "nos campamentos de refuxiados, e especialmente de desprazados, as escolas están a ser máis accesibles ás nenas e outros nenos vulnerables que nunca antes puideran ir á escola", segundo dixo Sy.
Traballo de UNICEF en educación
Ante o inicio do novo curso, UNICEF prestou o seu apoio aos sistemas educativos para que máis nenos poidan ir ás escolas :
- EnKenya, as escolas das zonas afectadas pola seca permaneceron abertas durante as vacacións, posibilitando que1,2 millóns de nenos tivesen acceso a programas de nutrición.
- Nese período,UNICEF tamén apoiou 155 escolas en Somalia, dando servizo a 37.000 nenos desprazados. Ademais, dende o inicio do ano, UNICEF estivo a traballar coas escolas dirixidas a nenos desprazados e ás comunidades que os reciben, alcanzando uns120.000 nenos. Este apoio intensificarase nos próximos meses para suplir as necesidades de máis de300.000 nenos, incluíndo aqueles que se encontran nalgunhas das 1.500 escolas que hai en zonas rurais do centro e sur de Somalia.
- Ademais, en Somalia,UNICEF e os seus aliados en educación van poñer en marcha 210 Espazos Amigos da Infancia, destinados a máis de 15.000 nenos, con instalacións de auga e saneamento, apoio psicosocial e distribución de cartillas de alimentos. En colaboración cos aliados en protección infantil, uns 350 Espazos Amigos da Infancia estarán en marcha o 15 de setembro, con capacidade para 30.000 nenos.
- EnEtiopía, dende finais de 2010, uns 28.000 nenos das zonas afectadas pola seca puideron continuar a súa educación grazas á distribución, por parte de UNICEF, de materiais educativos e tendas de campaña utilizadas como escolas. UNICEF e os seus aliados subministraron taménEspacios Amigos da Infancia e materiais educativos para uns 8.000 nenos, ademais de prestar apoio para construír catro escolas de primaria no campo de refuxiados deDollo Ado e outros dous nas comunidades que os acollen. Uns 140 profesoresrecibiron formación, incluíndo 120 entre a poboación de desprazados, cun enfoque de educación para a paz e apoio psicosocial.
- Nos campos de refuxiados de Dadaab, ao nordés de Kenya, UNICEF distribúe carpas que se utilizan como escolas, e outros materiais co fin de facer fronte ao esperado aumento de nenos que acudirán a estas escolas.