España conta xa con 120 Cidades Amigas da Infancia

57 cidades e pobos españois recibiron por primeira vez o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia (CAI). En total, dende o inicio do programa hai 12 anos, xa son 120 municipios os que contan con este selo, que debe ser renovado cada 4 anos. Nesta ocasión, ademais dos novos recoñecementos, resolveuse renovar os concedidos en edicións anteriores a 30 localidades.

 

O xurado, formado por UNICEF Comité Español, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (MSSSI), a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA), fixo público o seu fallo sobre este selo que recoñece o traballo dosconcellos polos dereitos dos nenos.O programa CAI pretende impulsar e promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno no ámbito local e fomentar o traballo en rede entre os distintos municipios que forman parte da iniciativa. O obxectivo é que administracións e gobernos desenvolvan e implementar estratexias para o benestar dos nenos defendendo os seus dereitos, fomentando a súa participación e facendo dascidades ámbitos máis habitables, especialmente para os máis novos. Entre as condicións para chegar a ser CAI encóntrase o fomento daparticipación infantil nos espazos reservados para iso, apoiar a creación de plans de infancia municipais, impulsar políticas en beneficio dos nenos ou promover o traballo en redeentre os membros da iniciativa. Ademais dos municipios que recibiron o Selo de RecoñecementoCAI, o xurado tamén outorgou36 distincións do VII Certame de Boas Prácticas, un concurso no que se premian proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e aadolescencia, levadas a cabo por gobernos locais e outras entidades públicas e privadas.

Os recoñecementos CAI e de Boas Prácticas concédense cada 2 anos tras un proceso de seguimento aos municipios e institucións que se presentan ao programa. Así, unha comisión técnica visitou en setembro as distintas localidades para avaliar se, efectivamente, as súas liñas de actuación en relación á infancia e a adolescencia se axustaban aos requisitos esixidos. O Selo de Recoñecemento CAI e as distincións de Boas Prácticas entregaranse nun acto que terá lugar o 7 de novembro en Guadalajara, Cidade Amiga da Infancia dende 2012.Consulta a lista completa de municipios co Selo de Recoñecemento CAI e as distincións de Boas Prácticas