Estado Mundial da Infancia 2014: os datos fan visible non invisible
O Estado Mundial da Infancia (EMI) 2014 supón a base do traballo de UNICEF emarca a pauta do seu desenvolvemento parapriorizar as áreas máis importantes. En resumo, para protexer todos osdereitos de todos os nenos en todas as partes. Os datos son coñecemento e o coñecemento époder. En UNICEFutilizamos os datos para impulsar o cambio. Utilizamos os datos para identificar os problemasque afectan aos nenos. Utilizamos os datos para entender a magnitude dos problemas. Os datos móstrannos que moitos se quedan atrás. Uns 18.000 nenos e nenas morren cada día, a maioría por causasprevenibles. Os nosos datos impulsan os responsables das políticas e as comunidades a tomar medidas.
Estado mundial da infancia 2014: enquisas sobre o terreo
"Ola, chámome Tessa Wardlawe son a directora de Análise de datos na sede central de Nova York". "Os datos apoian todo o que facemos aquí en UNICEF. Eu diría que se trata de facer visible o invisible", continúa Tessa.UNICEF traballa cos gobernos nacionais para mellorar as formas de recoller este tipo de información e isto faise mediante a implantación de enquisas aos fogares. UNICEF estivo a apoiar un Programa de Enquisas de Fogares que se chama Enquisa de Grupos con Indicadores Múltiples ouMICS (Multiple Indicator Cluster Survey MICS). "Quero informar máis detalladamente do complexo que é levar a cabo estas enquisas sobre o terreo. A miúdo os que fan as enquisas teñen que viaxar por todo o país, moitas veces encircunstancias moi difíciles, para chegar aos últimos fogares que deben ser incluídos como mostras. O traballo que estamos a facer é o máisnovidoso, e está a evolucionar continuamente para abranguer novas áreas que preocupan a UNICEF", conclúe Tessa Wardlaw.