Eva González coñece o traballo de UNICEF en Etiopía
A presentadora de televisión Eva González viaxou a Etiopía para coñecer a situación da infancia e o traballo de UNICEF contra a desnutrición infantil.
Durante a súa estanza neste país, visitou os programas que desenvolve a organización, xunto ao Goberno e ONG locais, para previr e tratar a desnutrición infantil. O traballo céntrase en realizar controis periódicos para detectar a falta de micronutrientes, poder diagnosticar problemas de nutrición e aplicar as solucións correspondentes en cada caso.
Eva González mostrouse especialmente interesada nun dos programas implantados por UNICEF en Etiopia, que consegue que os membros das propiascomunidades se impliquen na posta en práctica de medidas destinadas a previr, detectar e tratar os casos de nenos con desnutrición. En total, hai máis de34.000 voluntarios que prestan este servizo en máis de 10.000 postos distribuídos por todo o país.