Fai unha pausa por Sirya!

Hoxe pedímosche que fagas unha pausa por Sirya. Polos 2,6 millóns de nenos que levan máis de dous anos sufrindo diariamente.

Chamamento dos Xefes dos principais organismos humanitarios de Nacións Unidas en favor do pobo de Sirya


Xa abonda, xa abonda.


Tras máis de dous anos de conflito e máis de 70.000 mortes, incluídos as de miles de nenos...


Despois de quemáis cinco millóns de persoas se visen obrigadas a abandonar os seus fogares, incluídos máis dun millón de refuxiados que viven nos países veciños sometidos a unha intensa presión...


Despois de que tantasfamilias fosen separadas e tantas comunidades, escolas e hospitais fosen destruídos e os sistemas de auga desmantelados...


Despois de todo isto, aínda parece haber un escaso sentimento de urxencia entre os gobernos e as partes que poderían poñer fin á crueldade e a matanza en Sirya.


Nós, os dirixentes dos organismos das Nacións Unidas encargados de facer fronte aos custos humanos desta traxedia, realizamos un chamamento aos dirixentes políticos para que cumpran coa súa responsabilidade cara ao pobo de Sirya e o futuro da rexión.


Pedímoslles que utilicen a súa influencia colectiva para insistir nunha solución política a esta crise horrenda antes de que centos de miles de persoas perdan os seus fogares, as súas vidas e o seu futuro nunha rexión que xa está nun punto de inflexión.

 
Os nosos organismos e aliados humanitarios estiveron a facer todo o posible. Co apoio de moitos gobernos e persoas, axudamos a albergar máis
 dun millón de refuxiados. Axudamos a proporcionar acceso aos alimentos e outras necesidades básicas a millóns de desprazados polo conflito; á auga e ao saneamento a máis de 5,5 millóns de persoas afectadas en Sirya e nos países veciños; e aos servizos básicos de saúde a millóns de sirios, incluíndo vacinas para máis de 1,5 millóns de nenos contra o sarampelo e a poliomielite.
 
Pero segue sendo insuficiente. As necesidades están a aumentar ao tempo que diminúe a nosa capacidade de intensificar as actividades, debido á seguridade e a outras limitacións prácticas dentro de Sirya, así como ás limitacións de financiamento. Estamos perigosamente preto, talvez en cuestión de semanas, da suspensión dalgún tipo de apoio humanitario.
O noso chamamento non é hoxe en favor de máis recursos, malia que son necesarios. Estamos a apelar a algo máis importante que os fondos. A todos os involucrados neste conflito brutal e a todos os gobernos que poden influír neles:
 
En nome de todos os que sufriron tanto, e de moitos outros cuxo futuro pende dun fío: Abonda! Xunten e utilicen a súa influencia, agora, para salvar ao pobo sirio e salvar á rexión do desastre.
 
Valerie Amos, Coordinadora de Socorro de Emerxencia deOCAH; Ertharin Cousin, Directora Executiva do Programa Mundial de Alimentos; António Guterres, Comisionado da ONU para os Refuxiados;Anthony Lake, Director Executivo deUNICEF; e Margaret Chan, Directora Xeral da Organización Mundial da Saúde.