A felicidade dos nenos depende de pasar tempo coa familia

UNICEF Reino Unido publicou un informe que analiza como viven os nenos o materialismo e a desigualdade neste país, en comparación con outros dous países: España e Suecia. O informe demostra que os nenos en Reino Unidos séntense atrapados nunha cultura materialista e non pasan o suficiente tempo coas súas familias.
 

Nos tres países, os nenos afirman que a súa felicidade depende de pasar tempo cunha familia estable, pasar tempo cos amigos e facer cousas interesantes con ambos, especialmente ao aire libre, e non depende tanto de tercousas materiais. Con todo, a roupa de marca e os produtos tecnolóxicos son importantes para a súa integración no grupo de amigos e compañeiros de escola.

Un dos achados máis sorprendentes do estudo é que os pais no Reino Unido, ademais de sentirse presionados a comprareste tipo de bens polos seus fillos,  xa teñen asumida esa cultura de consumo. Esta presión é aínda peor nos fogares de baixos ingresos do Reino Unido, que ven na compra destes obxectos "simbólicos" unha maneira de integrase en círculos sociais máis amplos.

A investigación tamén demostra que os pais no Reino Unido non poden pasar o suficiente tempo cos seus fillos debido ás longas xornadas laborais. E a miúdo tentan compensarlles comprándolles cousas  (xoguetes, tecnoloxía, etc.) que moitas veces non se usan e que, tanto os nenos como os pais; recoñecen que apenas lles achegan unha mellora no  seu benestar.


 UNICEF Reino Unido solicita accións ás súas autoridades baseadas nas conclusións do informe: "En resposta, o Goberno ten que demostrar un forte liderado tomando medidas decisivas para axudar ás familias a loitar contra o materialismo e a inequidad que é tan dominante no Reino Unido. Teñen que asegurar que os pais gañen o suficiente para pasar menos horas notraballo e máis tempo cos seusfillos, protexer oscentros de recreo e as actividades de lecer dos nenos a pesar dos recortes, e considerar reformar as leis que controlan a publicidade para osnenos". 
 

En España e Suecia  priorizase o tempo coa familia

A cultura consumista no Reino Unido contrasta coa de Suecia e España onde, con perfís moi distintos en canto a desigualdade, intensidade e amplitude dos lazos familiares ou distribución das responsabilidades no fogar, nos que con todo priorizase o tempo coa familia

Os nenos teñen maior acceso a actividades fora do fogar e séntense con menos presión de ter bens materiais. Ademais, o tempo dedicado aos nenos  intégrase de maneira moito máis natural na vida cotiá das familias.
 

Para realizar este informe analizouse a vida cotiá de 24 familias e entrevistouse a 250 nenos e nenas entre 8 e 13 anos nos tres países
 

Informe (en inglés)