Felicidades a Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi polo Premio Nobel da Paz 2014
Dende UNICEF queremos felicitar a Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, dous grandes defensores dos dereitos dos nenos, por recibir o Premio Nobel da Paz 2014.
O galardón é unha proba da inquebrantable convicción de que os nenos son unha forza para o cambio.
Esta merecida honra para dous valentes loitadores polos dereitos da infancia chega no ano no que a comunidade internacional celebra o 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno.
Este premio será unha inspiración para todos os millóns de nenos anónimos de todo o mundo que cada día pelexan en silencio polo seu dereito á educación, o seu dereito a ser escoitados e o seu dereito a ser protexidos.
A valentía e determinación de Malala e Kailash é un sopro de enerxía para os nenos de todos os lugares.