Filipinas: 6,7 millóns de euros conseguidos grazas á sociedade española

UNICEF España agradece a súa colaboración aos miles de persoas, medios de comunicación, empresas e entidades de distintos sectores

UNICEF Comité Español quere expresar o seu agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións privadas e públicas que apoiaron o seu traballo durante a primeira fase de emerxencia tras o paso do desvastador tifón Haiyan en Filipinas.

Grazas á súa solidariedade nos dous primeiros meses tras o tifón, puidéronse enviar dende España 3 millóns de euros para responder ás necesidades prioritarias dos nenos afectados e das súas familias. Xunto a esta achega hai outros 3,7 millóns comprometidos.

Do total das achegas recibidas en UNICEF Comité Español, un 97% provén de persoas a título individual e do sector privado, e o 3% restante de administracións públicas. A súa contribución foi destinada á axuda humanitaria urxente e á protección denenos afectados e as súasfamilias.

En total, recibíronse1.030.001 SMS na campaña de UNICEF Comité Español para esta emerxencia, máis de150 medios de comunicación colaboraron na difusión da situación da infancia e da campaña por Filipinas, máis de100 empresas e entidades de distintos sectores achegaron fondos e deron difusión entre traballadores e clientes, preto de 100 centros educativos e universidadesdifundiron a situación, ao igual que máis de 30 personaxes públicos e miles de seguidores enredes sociais.

Este xeneroso apoio converteu ao comité español na terceira oficina de UNICEF que máis fondos achegou en todo o mundo.

"Dende UNICEF Comité Español queremos expresar o nosorecoñecemento a cada un dos nosos socios, doadores e aliados. Polo seu compromiso firme, polo seu apoio constante e por responder de inmediato a situacións dramáticas como a que sementou o tifón Haiyan", dixo Consuelo Crespo, presidenta deUNICEF Comité Español.
[]
Os embaixadores de UNICEFComité Español Ana Duato e Pau Gasol implicáronse dende o primeiro momento. Ambos os dous protagonizan o anuncio de campaña no que recordan que millóns de nenos perderon todo a causa do tifón. Xunto a eles, dous nenos, Rocío Navarro e Ricardo Lezón, animaban á colaboración con UNICEF para cubrir as enormes necesidades inmediatas dos afectados. Co comité de UNICEF en Estados Unidos, Pau Gasol fixo un reto persoal por Filipinas nun dos seus partidos con Los Lakers.

Destacados xogadores de fútbol como o Amigo de UNICEF Comité Español Sergio Ramos, participaron no partido de fútbol Championsfor Life que tivo lugar no estadio Santiago Bernabéu o 30 de decembro, organizado polaLiga de Fútbol Profesional. Ao encontro acudiu o Cónsul Xeral da Embaixada de Filipinas en España, Catalino Dilmes, quen expresou o seu "agradecemento" por organizar este partido a beneficio dos nenos afectados por esta traxedia, e por axudarnos nesta gran tarefa de rehabilitación á que nos enfrontamos agora. "
 
En programas de televisión e outras iniciativas, os Amigos de UNICEF Comité EspañolDavid Bisbal, Eva González e Juan y Medio tamén apoiaron a campaña, ao igual que os cantantes Manu Carrasco, Rosario, Malú e Antonio Orozco.

Grazas a todas as colaboracións e as achegas de millóns de doadores en distintos países, e da comunidade internacional, UNICEF cubriu xa os fondos necesarios para desenvolver a fase máis urxente do Plan de Resposta ás necesidades inmediatas e urxentes dos nenos e familias afectadas para todo2014. Os fondos que se reciban a partir de agora para Filipinas irán destinados ao traballo de recuperación e reconstrución de 2015. Para iso UNICEF segue traballando sen descanso con equipos de emerxencia locaise desprazados ás zonas máis afectadas.
 

o traballo de UNICEF en Filipinas

Os fondos conseguidos en España contribúen ao traballo que dende o minuto un leva a cabo UNICEF en Filipinas, e que ata o momento tivo estes resultados:
  • En auga, hixiene e saneamento: 765.787 persoas teñen acceso a auga segura, 339.467 teñen artigos de hixiene básica e 129.350 acceso a latrinas portátiles.
  • En nutrición: 45.000 nenos recibiron micronutrientes e máis de 28.000 nenos vitamina A. Distribuíuse alimento terapéutico para 800 nenos con desnutrición aguda grave e establecéronse 32 tendas para as nais e os seus bebés, co propósito de promover a lactación materna.
  • En saúde: máis de 73.660 nenos foron vacinados, ata o momento, contra a polio e o sarampelo.
  • En educación: máis de 44.800 nenos son atendidos nos 448 espazos temporais de aprendizaxe, equipados con material educativo e de ocio, e máis de 379.800 nenos recibiron materiais educativos. Ademais, distribuíronse 30 carpas escolares do tamaño dunha aula, 1.800 escolas nunha maleta, 1.350 kits recreativos e 400 kits de educación temperá nas áreas afectadas.
  • En protección: 5.000 nenos asisten aos Espazos Amigos da Infancia. Abríronse 14 Espazos Amigos da Infancia (9 en Tacloban, 1 en Guiuan e 1 nun centro de tránsito en Manila) e estase a apoiar outros 10 xestionados por outras ONG. Séguese traballando para localizar, identificar e reagrupar os nenos que se encontran sós ou separados dos seus pais.
  • Doadores públicos e privados que achegaron fondos aos programas deUNICEF en Filipinas a través das súas doazóns a UNICEF Comité Español
  • Aliados que colaboraron coa emerxencia a través de UNICEF Comité Español