Filipinas: signos de recuperación 6 meses despois de Haiyan

Seis meses despois do paso do tifón Haiyan por Filipinas, xa se ven algúns signos de recuperación.

 

 
UNICEF e os seusaliadoslevaron os nenos de volta á escola, proporcionáronlles vacinas que salvan vidas e garantiron a provisión de auga potable para 1 millón de persoas.

"A tarefa de axudar areconstruír as vidas dos que sobreviviron é sobrecolledora", afirma Lotta Sylwander, representante de UNICEF en Filipinas. O tifón deixou 14 millóns de persoas afectadas, das que 5,9 millóns eran nenos.

Ante estas cifras, e dada a magnitude da catástrofe, UNICEFenviou inmediatamente ao país recursos e expertos para dar resposta. Unha tarefa que non tería sido posible sen acolaboración solidaria dos doadores que responderon ao chamamento de axuda.

Con esa resposta rápida quíxose evitar a propagación de enfermidades e a desnutrición. Así mesmo había que axudar os nenos e as súas familias a facer fronte ás súas perdas.

"As consecuencias dun desastre como o tifón Haiyan poden exacerbar o xa desvastador impacto que tivo nos nenos e as familias", recorda Lotta Sylwander.

os logros 6 meses despois

Ata a data, estes son algúns dos logrosaos que contribuíu UNICEF:
  • Auga, Saneamento e Hixiene: UNICEF axudou a recuperar as fontes de auga e facilitar o acceso a auga potable a máis de1 millón de persoas. Deuse acceso alatrinas a preto de 100.000 persoas e entregáronsesubministracións de hixiene a máis de450.000 escolares para evitar a propagación de enfermidades como a diarrea.Educación: 470.000 nenos recibironmaterial escolar subministrado por UNICEF e os seus aliados. Uns 135.000 nenos acudiron aos 1.351 espazos temporais de aprendizaxe de UNICEF, equipados con diversos materiais (kits de escola nunha maleta, kits recreativos, kits de primeira infancia e materiais de desenvolvemento. 
  • Saúde: máis de 83.000 nenos menores de 5 anos foron vacinados contra o sarampelo nas áreas de máis risco. UNICEF axudou a restaurar a cadea de frío, que a miúdo se dana nas emerxencias.
  • Protección á infancia: UNICEF e os seus aliados estableceron 128 espazos amigos da infancia, nos que 25.000 nenos participaron en actividades lúdicas, recreativas ou de aprendizaxe informal. Así se promove a recuperación psicolóxica e social. Máis de 5.000 traballadores sociais e coidadores recibiron formación para poder previr e facer seguimento dos casos de violencia, explotación, abuso e tráfico infantil.Nutrición: en colaboración cos seus aliados,UNICEF revisou o estado nutricional de máis de 240.000 nenos, dos que 531 diagnosticados con desnutrición severa aguda foron admitidos nos programas de alimentación terapéutica. Unhas 11.000 mulleres embarazadas e lactantes acoden cada mes aos 54 espazos amigos de nais e fillos, onde reciben asesoramento sobre lactación materna e alimentación complementaria.Transferencias en efectivo non condicionadas: UNICEFe Acción contra a Fame ofrecen mensualmentetransferencias en efectivo por valor de 4.370 pesos filipinos ou 100 dólares ás 10.000 familiasmáis vulnerables durante 6 meses. Con esta axuda poden comprar alimentos e outros artigos, e acceder a atención sanitaria e servizos. Algunhas familias invisten en gandaría e agricultura.
Todos estes logros foron posibles grazas ácolaboración xenerosa e desinteresada dos socios, empresas, doadores particulares e institucións que responderon á petición de UNICEF e proporcionaron os fondos vitais que permitirán seguir co traballo a favor dos nenos e familias afectados ata novembro de 2014.

"A pesar da resposta continua e intensa e dos claros progresos, o traballo non está concluído", recorda Lotta Sylwander. "UNICEF seguirá traballando co goberno e os seus aliados para axudar ás comunidades a recuperarse".