Filipinas: tres meses despois do tifón Haiyan

Coa axuda de UNICEF e os seus aliados, uns 420.000 nenos das zonas máis afectadas polo tifón Haiyan/Yolanda en Filipinas puideron volver ás aulas en escolas reparadas, centros provisionais ou tendas de campaña, onde utilizan materiais educativos como escolas nunha maleta ou kits de primeira infancia, e recreativos. A campaña de volta á escola vaise intensificar de cara ao comezo do novo curso escolar en xuño de 2014.

 

 
Este é un dos moitos logros para a infancia que se conseguiu tres meses despois de que o tifón devastase o centro do país. É agora cando comeza a volver a normalidade para os nenos máis afectados pola catástrofe natural.

Non obstante,queda moito por facer para abordar os enormesretos pendentes, como o continuodesprazamento masivo de familias e comunidades, adestrución de infraestruturas ou o risco de que aparezan brotes de enfermidades como odengue e osarampelo.

O 8 de novembro de 2013, o tifón Haiyanarrasou enormes áreas do centro de Filipinas, afectando a14,1 millóns de persoas, das que 5,9 millóns son nenos. Tras unha avaliación da situación, UNICEF, xunto aos gobernos locais, centrouse especialmente nos 40 municipios máis afectados, que acollen preto de 1,34 millóns de persoas, incluídos 558.000 nenos.

"O noso obxectivo ata agora foi a subministración de axuda vital aos nenos e as comunidades máis afectadas polo tifón e que están en maior risco", dixo Angela Kearney, representante de UNICEF Filipinas. "Estamos a lograr un progreso real pero hai que facer moito máis para restablecer os dereitos destes nenos e devolverlles a posibilidade de que alcancen todo o seu potencial. Opersoal de UNICEF traballa contra o reloxo para proporcionar axuda de urxencia".

UNICEF fortaleceu a súa presenza nas zonas máis afectadas para acelerar a entrega de subministracións e axilizar o traballo de apoio, baixo a coordinación do Goberno de Filipinas, os aliados humanitarios e os gobernos locais.
 
UNICEF e os seus aliados están a xogar un papel clave nestas rexións, tanto narestauración do acceso a auga potable e saneamento, coma na vacinación contra enfermidades perigosas e o fomento de prácticas saudables nos nenos (coa OMS). Tamén traballan notratamento da desnutrición en nais e acabados de nacer, na educación e posta en marcha de centros de primeira infancia, así como na protección dos nenos fronte a abusos e explotación.

"Cada día damos máis apoio, intentando asegurar que se satisfagan as necesidades e osdereitos de todos os nenos", dixo Kearney. "E xa que estamos a apoiar, facémolo tendo un ollo posto no futuro, para garantir que todo o que se reconstrúe sexa máis resistente aos desastres, máis forte ante calquera calamidade que poida haber no futuro. "

O plan de resposta de emerxencia de UNICEF inclúe a transición dende a primeira axuda de socorro á recuperación a longo prazo. Tamén comprende o apoio proporcionado ás institucións locais e nacionais para asegurar que se cobren as necesidades dos nenos como parte dos plans nacionais e locais de resposta ante desastres.

UNICEF Comité Español conseguiu ata a data máis de 6,7 millóns de euros para Filipinas. Miles depersoas, empresas e institucións privadas e públicas apoiaron o seu traballo durante a primeira fase daemerxencia.
 

FILIPINAS: a acción de UNICEF e os séus aliados

Algúns resultados do traballo de UNICEF en Filipinas ata o momento:
  • Auga, hixiene e saneamento: acceso aauga potable para unhas 925.000 persoas.
  • Saúde: campaña devacinación contra o sarampelo e loita contra o dengue e adiarrea.
  • Nutrición: examinouse o estado nutricional de máis de 97.000 nenosmenores de cinco anos.
  • Educación: máis de 124.000 nenos beneficiáronse dos 1.244 espazos temporais de aprendizaxe montados por UNICEF.
  • Protección: 13.500 nenos asisten a79 Espazos Amigos da Infancia elocalizouse 92 nenos non acompañados e separados das súas familias.