Filipinas: UNICEF presta axuda de emerxencia tras o tifón
Ata 4 millóns de nenos poderían estar a sufrir as consecuencias do desvastador tifón Haiyan e UNICEF xa está a traballar para que a axuda chegue a todos eles. O equipo permanente de UNICEF en Filipinas traballa dende o venres nesta emerxencia e o centro de subministracións da organización en Copenhaguen prepara un envío de 60 toneladas métricas de axuda de emerxencia.
Este envío de subministracións de emerxencia inclúe materiais sanitarios, equipos médicos e de refuxio, que serán trasladados a través dunha ponte aérea de emerxencia. Tamén se fretarán subministracións para potabilizar e almacenar auga, así como materiais de saneamento, que serán enviados directamente a Manila dende as fábricas de produción en Europa e Asia.
Á parte deste primeiro
cargamento de emerxencia, UNICEF tamén
está a reunir un equipo especializado para desprazalo a prestar
apoio ao equipo permanente de UNICEF Filipinas.
o tifón Haiyan, o máis forte da historia
"A principal prioridade de UNICEF é levar a cabo tarefas que salvan vidas como conseguir medicamentos básicos, subministracións nutricionais, auga potable e artigos de hixiene para os nenos e as familias" subliñouHozumi. "Este non é o primeiro desastre natural que azoutou Filipinas recentemente, xa que hai tres semanas tivo lugar un terremoto en Bohol, polo que sabemos o importante que échegar aos nenos rapidamente. "
UNICEF participa na avaliacióndas consecuencias da catástrofe para poder coñecer cando antes onde están os afectados e cales son as súas necesidades. A organización mobilizou os seus sistemas de subministración e xa traballa xunto a ONG aliadas para liderar os traballos de axuda de emerxencia aos nenos.
axuda para filipinas
Os nenos de Filipinas necesitan protección. Sequeres colaborar nesta emerxencia, poidas facelo a través da nosa web.