Filipinas:UNICEF responde ás familias afectadas

UNICEF está a prestar asistencia ás familias afectadas polo Súper Tifón Bopha (nome local Pablo) co foco posto en garantir a subministración de auga potable, saneamento temporal e subministrar artigos non alimentarios ás familias desprazadas.  

O forte tifón azoutou a costa sur oriental de Mindanao durante a mañá do 2 de decembro, cun vento de máis de 175 quilómetros por hora e chuvias intensas moi fortes. As áreas que soportaron a forza inicial da tormenta son as que sufriron máis danos e máis perdas de vidas. Nestas tres provincias (Surigao do Sur, Agusan do Sur e Davao Oriental) producíronse a gran maioría das 418 mortes confirmadas. Este número é aínda probable que aumente porque383 persoas seguen desaparecidas.

 

os equipos de avaliación informan dun 100% de destrución

Nestas zonas rurais e montañosas, os veciños falaron dun torrente de auga, lama e madeiros correndo a través dos seus pobos con moi pouco preaviso. A maioría non pode recordar unha tormenta como esta. Os equipos de avaliación conxunta da ONUinformaron dun 100% de destrución en moitas destas áreas, é dicir, todas as vivendas e os cultivos foron danados, destruídos ou arrastrados.UNICEF está especialmentepreocupado pola subministración de auga potablenestas zonas, xa que a información inicial suxire que os sistemas de auga foron destruídas, danadas ou contaminadas. UNICEF proporcionou unha subministración inicial de 2.000 kits de auga, que inclúen tanto os recipientes de auga coma as solucións de purificación de auga para asegurar auga limpa e segura para as familias. A mesma cantidade de kits de hixiene para prover as familias con xabón, cepillo de dentes e pasta, así como colectores de auga, toallas sanitarias e outras subministracións tamén foron distribuídas co obxectivo de manter ás familias sas, sobre todo a causa de enfermidades diarreicas e respiratorias altas-que son perigosas nos nenos pequenos.UNICEF tamén está a subministrarequipos para a instalación de latrinas temporaisque se está a converter nunha necesidade prioritaria, con tantos fogares destruídos.UNICEF conta con equipos nas zonas máis afectadas e continuará avaliando para responder ás necesidades dos nenos e as familias. Solicitáronse fondos para asegurar que a resposta continúe e sexa efectiva.
 

nunha emerxencia a alerta temperá e a preparación salvan vidas

Se ben gran parte da atención se centra agora nas zonas que sofren maior dano e perdas de vida, hai un lado positivo á situación de emerxencia actual. Establecérase que o camiño do tifón golpearía as mesmas dúas áreas urbanas afectadas pola tormenta tropical Washi(Sendong) producida hai un ano, cando máis de 1500 veciños perderon a vida. Ao recibir esta información, o goberno local e as organizacións comunitarias foron proactivos naorganización da evacuación temperá das familias nas zonas máis vulnerables. Recordando as experiencias terribles de hai un ano, movéronos rapidamente e con prontitude, aos centros de evacuación preparados nos arredores da cidade. O forte tifón pasou directamente sobre a zona, e as cidades reportan cero baixas. En contraste cos seus concidadáns na costa este, que estaban menos preparados e menos consciente, isto é un exemplo positivo de como a preparación e a alerta temperá salva vidas.