Foro Mundial sobre a Educación: 15 anos para transformar a educación
O Foro Mundial sobre a Educación chega á súa fin coa aprobación da bautizada como Declaración de Incheon.
Nela pídese pide aos países que proporcionen unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e que garantan oportunidades de aprendizaxe para todos.
A declaración, que busca transformar a educación nos próximos 15 anos, será a base dosObxectivos de Desenvolvemento Sostible que serán
ratificados por Nacións Unidas en setembro.
"Esta declaración é un gran paso cara a diante",
declarou Irina
Bokova,
directora xeral da UNESCO.
"Reflicte a determinación de garantir que todos os nenos e mozos
adquiran o coñecemento e ashabilidades que necesitan para vivir con
dignidade, alcanzar o seu potencial e contribuír ás súas sociedades
como cidadáns globais responsables. Afirma que a
educación é a clave para a paz global e odesenvolvemento sostible".
Os antecedentes desta nova visión baséanse no
movemento mundial Educación
para Todos e
o Obxectivo de Desenvolvemento do
Milenio de educación, xerados no ano 2000. Ambas as dúas
iniciativas conseguiron logros
significativos, pero moitos dos seus obxectivos, incluíndo
o acceso universal á educación
primaria, seguen sen cumprirse.
FORO MUNDIAL SOBRE A EDUCACIÓN: "UNhA OPORTUNIDADe xUSTA PARA APRENDER"
Actualmente 57 millóns de nenos seguensen ir á escola, a maioría deles nenas. Ademais, 250
millóns de nenos non están a aprender habilidades
básicas, aínda que a metade deles foi polo menos catro
anos ao colexio. A Declaración
de Incheon debe
rematar os ambiciosos programas marcados hai 15
anos.
"Se esta xeración de nenos vai reducir algún día asdesigualdades e inxustizas que aflixen hoxe ao
mundo, debemos dar aos nosos nenos unha oportunidade
xusta para aprender. Esta debe ser a nosa visión colectiva
e o noso compromiso", dixo o director executivo
de UNICEF, Anthony
Lake.
Os gobernos terán que adoptar o Marco de Acción para a
Educación 2030 da Declaración
de Incheon antes
de final de ano. Esta folla de ruta pretende orientar sobre
cuestións legais e estratexias políticas para a educación, sempre
baseándose nos principios de responsabilidade,
transparencia e goberno
participativo.
A declaración require que os países aumenten o seuinvestimento en educación, sobre todo os países
máis afastados da educación inclusiva e de
calidade. Tamén se fai un chamamento a aumentar áAxuda Oficial ao Desenvolvemento para os países de
baixos ingresos.
A educación é esencial para lograr os novosObxectivos de Desenvolvemento
Sostible.
A declaración demostra o compromiso común de
ofrecer esta visión. Mostra como a educación podetransformar vidas.