Foro Mundial sobre a Educación: 57 millóns de nenos seguen fóra da escola

Estes días celébrase o Foro Mundial sobre a Educación en Corea do Sur, no que se vai falar dunha axenda global de educación ata o ano 2030, no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que Nacións Unidas adoptará en setembro.

 

Hai xa 15 anos que se estableceron os seis obxectivos daEducación para Todos e os Obxectivos de Desenvolvemento de Milenio, que tiñan como data límite de cumprimento este 2015. No foro, vanse analizar os logros conseguidos e osretos que quedan por afrontar.

Os esforzos colectivos tiveron como resultado un progreso sen precedentes: en 2012 había 76 millóns de nenos e adolescentes fóra da escola menos que en 2000. No mesmo período, uns 67 millóns de nenos máis recibironeducación preescolar e aproximadamente 50 millóns máis matriculáronse na escola primaria.

Non obstante, a
educación e a igualdade de oportunidades seguen sendo un asunto pendente. O informe de seguimento da Educación para Todos mostra que 57 millóns de nenos en idade primaria e63 millóns de adolescentes seguen fóra da escola. Ademais, aínda existen 781 millóns de adultos analfabetos no mundo.

A Declaración sobre Educación 2030, que se acordará no foro, pretende mobilizar os países para implementar a nova axenda e establecer un plan de coordinación que garanta aigualdade de oportunidades para todos.

FORO MUNDIAL SOBRE A EDUCACIÓN: "A EDUCACIÓN ASEGURA OS DERECHOS HUMANOS"

O secretario xeral de Nacións UnidasBan Ki-moon, inaugurou o evento. "A educación asegura os dereitos humanos, incluíndo a saúde e otraballo", dixo os 1.500 participantes. "E a educación é tamén esencial paracombater as ameazas á seguridade, como o aumento do extremismo violento,".

O foro reúne a máis de 130 ministros, xunto con funcionarios gobernamentais de alto nivel, gañadores depremios Nobel, líderes de organizacións internacionais enon gobernamentais, intelectuais, representantes do sector privado, investigadores e outros actores clave.

"Cada neno necesita unha oportunidade xusta na vida. Isto empeza cunha boa oportunidade para aprender", afirma Anthony Lake, director executivo de UNICEF. "Cando fracasamos en
proporcionar aos nenos unha igualdade de oportunidades, especialmente un acceso xusto á aprendizaxe, sementamos as sementes da futura adversidade social e económica -e as daniñas desigualdades na seguinte xeración. Se damos a cada neno a oportunidade de aprender, estámoslle a dar as ferramentas para construír un mundo mellor para si mesmo e para os seus fillos".