Foro mundial sobre Inmunización

Máis de 650 expertos en saúde e representantes de gobernos de todo o mundo, membros da Alianza Mundial para a Vacinación e a Inmunización (Alianza GAVI), reúnense este fin de semana en Dar es Salaam, capital de Tanzania, para estudar a forma de acelerar os resultados, a innovación, a sostibilidade e a equidade no campo da vacinación.

Alianza GAVI é unha alianza mundial público-privada en materia de saúde, comprometida a salvar vidas de nenos e protexer a saúde das persoas, aumentandoo acceso á inmunización nos países en desenvolvemento.

Está formada por gobernos, e organizacións como UNICEF, o Banco Mundial, a Organización Mundial da Saúde (OMS), outras organizacións da sociedade civil, fabricantes de vacinas e doadores privados.A inmunización é un dos investimentos en saúde máis eficientes, exitosos e rendibles da historia. Os nenos vacinados teñen maiores habilidades cognitivas e máis posibilidades de asistir á escola, e convértense en adultos saudables e produtivos. Non obstante, máis de 22 millóns de nenos, principalmente no mundo en desenvolvemento, aínda non están vacinados contra enfermidades comúns pero mortais. Un de cada cinco nenos que perde a vida antes de cumprir os cinco anos de idade morre por enfermidades prevenibles por vacinación. A vacinación evita actualmente de dous a tres millóns de mortes anuais en todos os grupos de idade por difteria, tétanos, tose ferina e sarampelo. Dende o seu lanzamento en 2000, a Alianza GAVI contribuíu a salvar máis de 5,5 millóns de vidas apoiando as vacinas nos países en desenvolvemento, e o seu obxectivo de aquí a 2015 é axudar os países a inmunizar máis de 245 millóns de nenos.  
 

o TRABAllO DE UNICEF

UNICEFrecoñeceu dende hai tempo o poder das vacinas efixo da inmunización un dos piares do seu recentemente lanzado movemento Compromiso coa Supervivencia Infantil: unha Promesa Renovada,que invita aos gobernos, a sociedade civil, organizacións relixiosas, o sector privado e individuos a unirse para asegurar que cada neno teña o mellor comezo posible na vida. 
 
UNICEF traballa continuamente para influír de xeito positivo no mercado das vacinas, para asegurar a dispoñibilidade continua de vacinas alcanzables e de calidade, así como para apoiar a introdución de novas vacinas. Estes esforzos traducíronse nun aforro considerable de custos, así como en aumentar cada vez máis as bases de provedores competitivos.