A Fundación de LaLiga apoia aos refuxiados
87.000 euros para apoiar o labor humanitario de UNICEF na crise de refuxiados e impulsar a protección de fronte ao invernoO mércores 10 de febreiro, a Fundación da liga de Futbol Profesional fixo entrega dos fondos recadados na Xornada 17 da liga BBVA, celebrada os pasados 30 e 31 de decembro. A doazón de 87.000 euros para apoiar o labor humanitario de UNICEF na crise de refuxiados - e impulsar a protección de fronte ao inverno - segue consolidando a nosa alianza.
Ademais, durante a Xornada 17 instaláronse carpas no exterior dos estadios con actividades para toda a familia e unha árbore dos desexos de UNICEF, no que os máis pequenos puideron colocar os seus desexos para os máis desfavorecidos.
O presidente da Fundación, Juan José Hidalgo, foi o encargado de inaugurar o acto facendo un chamamento á solidariedade: "Hai que apoiar e facer máis polos nenos que están a sufrir". A continuación, o presidente de LaLiga, Javier Tebas, afirmou que "O fútbol está en débeda coa sociedade española e débelle devolver o que nos deu. Estar da man de UNICEF é unha honra e é un compañeiro de solidariedade moi importante para nós".
a Nosa relación coa LaLiga
Non é a primeira vez que LaLiga
colabora con UNICEF. En 2013 e 2014 celebráronse dous partidos
solidarios co nome de "Champions for Life". A primeira
edición deste partido conseguiu 550.000 euros para paliar os
efectos do terrible tifón Haiyán en Filipinas. O ano pasado
recadáronse máis de 400.000 euros para loitar contra o ébola en
África occidental.
"A Fundación de LaLiga
globalizouse e non mostrou indiferenza ante a situación que estamos
a vivir. Os nenos seguen sendo nenos. Dá igual
onde nacesen", asegurou Juan José Almagro, vicepresidente de UNICEF
Comité Español.