Gasol dende Chad en RNE: "Grazas á axuda de todos, damos unha oportunidade a miles de nenos"

"Grazas á axuda de todos, que podemos achegar o noso granito de area, estamos a dar unha oportunidade a que miles de nenos poidan seguir adiante, e poidan ter unha oportunidade e logo poidan recibir unha educación".

Así se manifestou oEmbaixador de UNICEFEspaña, Pau Gasol, nunha entrevista en directo dende Chad con Radio Nacional de España, que puxo así o punto e final á campañaRNE co Sahel.Do 18 ao 27 de agosto, os principais programas da radio pública, como En días como hoxe, Asuntos propios, Afectos na noite, No é un día calquera e A noite en vela, así como distintos espazos de Radio 5 Todo Noticias, achegaron aos oíntes a crisealimentaria e nutricional que afecta á rexión doSahel, dando voz aos afectados e ao persoal humanitario que traballa sobre o terreo. O bicampeón da NBA e recente gañador da medalla de Prata nos Xogos Olímpicos 2012 encóntrase visitando varias zonas de Chad que sofren os efectos da crise. Este fin de semana estivo nuncentro nutricional de Mao (centro-oeste do país) apoiado porUNICEF e coñeceu o traballo da organización contra o avance da desnutrición infantil. "Este ano chegáronse a tratar, co incremento de centros nutricionais e a axuda de UNICEF e outras organizacións, de xaneiro e ata o día de hoxe, a máis de 70.000 nenos. Son nenos que se non chegan a recibir este tratamento e esta axudaposiblemente tivesen morto", recordou Gasol. "Estou a ver, informándome e tamén transmitindo un pouquiño á xente, concienciando, de cal é a situación aquí, de que se están a facer cousas moi positivas, moi boas, que se está a avanzar bastante, pero que segue quedando moito por facer," agregou o xogador de baloncesto. Así mesmo, destacou a importancia de que persoas como el apoien causas como as do Sahel: "Descubrín que, grazas á posición de recoñecemento que cheguei a alcanzar no deporte, podes chegar a moita xente e ter un impacto moito maior. Entón tes que aproveitar esta gran sorte e este privilexio para concienciar e facer chegar mensaxes e información a máis xente e conseguir que se implique en cousas realmente importantes e necesarias".  

 

18 MILLóNS DE PERSOAS EN RIScO DE MoRTE

Ademais dePau Gasol, tamén foron entrevistados en RNE Paloma Escudero e Carmen Molina, Directora Executiva e Directora de Cooperación e Emerxencias, respectivamente, así como numerosos cooperantes e responsables doutras organizacións. "Hai un risco de morte inminente para 18 millóns de persoas no Sahel. Hai que seguir axudando e levando esta axuda.É fundamental que ese compromisoo teñamos dende os gobernos, pero tamén dende asempresas, os cidadáns mesmos... todos os que poidamos colaborar", afirmou Molina. Mentres, Paloma Escudero explicou que organizacións comoUNICEF traballan simultáneamente "no apoio máisurxente e inmediato ás vítimas" e, dende hai anos, en "conseguir que as familias sexan moito máis autosuficientes e teñan recursos para poder sobrevivir a situacións tan drásticas de seca". "Pero é unhasituación límite e, se non actuamos agora, non haberá nada no que apoiarse a longo prazo", indicou.