Gasol: "Estou en Chad para recordar que no Sahel hai un millón de nenos en grave risco"
O Embaixador de UNICEF España Pau Gasol, flamante medalla de Prata nos Xogos Olímpicos 2012 e bicampeón da NBA, encóntrase visitando esta semana varias zonas de Chad que sofren os efectos da crise alimentaria e nutricional no Sahel.
En Chad, máis de127.000 nenos encóntranse en graverisco por desnutrición grave, intentando sobrevivir no medio dunha crise provocada pola prolongada seca ou o incremento do prezo dos alimentos. Un total de18 millóns de persoas estánafectadas en toda esa franxa desértica que atravesa nove países africanos.Pau Gasol coñecerá de primeira man as consecuencias desta crise para os nenos e como o traballo de UNICEF e os seus aliadosconsegue salvar a vida de miles de nenos: no que vai de ano,máis de 336.000 nenos menores de cinco anosrecibiron tratamento contra a desnutrición aguda grave. "UNICEF empezou a avisar o ano pasado de que se podería producir esta situación, e púxose a traballar en medidas de prevención e en tratamento. Pero aínda non chegou aoSahel toda a axuda necesaria.Vin a Chad para que non esquezamos que hai un millón de nenos en grave risco pola crise nutricional e que é posible acabar coa desnutrición", sinalou. Durante a súa estanza en Chad, Pau Gasol visitará algún dos centros nutricionais que UNICEF apoia en toda a rexión e coñecerá o traballo da organización contra o avance da desnutrición infantil.Así mesmo, o xogador de baloncesto visitará unha dasescolas dos programas de UNICEF que aseguran que, a pesar das dificultades, os nenos poidan seguir aprendendo, e onde grupos de voluntarios lles ensinan prácticas saudables como lavarse as mans, que evita enfermidades mortais como a diarrea ou a pneumonía.
‘O Proxecto de Pau’
- 12.000 nenos que viven en zonas remotas puideron volver á escola grazas á construción, reparación ou equipamento de 80 aulas de ensino.
- Formación de160 educadores para centros de educación temperá.
- Adquisición e distribución de kits de ensino e formación de educadores para a súa utilización.
- Formación de15.000 pais.
- Renovación de11 centros de educación temperá e construción e equipamento de 21.