Gaza e Israel: protexer os nenos é prioritario
Os nenos estanse a levar a peor parte da situación actual en Gaza e Israel, onde a violencia acabou coa vida de polo menos 33 nenos en Gaza e deixou feridos centos de nenos.
Ningún neno debería sufrir o espantoso impacto deste tipo de violencia.
33 nenos palestinos morreron
A violencia está a provocar grandes desgracias nos nenos, tanto física coma psicoloxicamente, con consecuencias alarmantes para as futuras oportunidades de paz, estabilidade e entendemento. Demasiado a miúdo os nenos testemuñas desta violencia e que chegan a vela como "normal", son propensos a reproducila na súa vida futura.
O persoal de UNICEF no terreo falou coas familias, que describen o profundo impacto emocional que a actual violencia está a ter nos nenos: nenos que non dormen ou que teñen pesadelos, que deixaron de comer, e que están a mostrar signos terribles de sufrimento mental.
Ante a posibilidade dunha nova escalada de violencia, UNICEF únese ao Consello de Seguridade no chamamento a todas as partes para que actúen urxentemente coa máxima moderación e pola protección dos civís, non só en prol da paz, senón polo ben dos nenos que están a sufrir o peor da actual violencia.