González Torres Abogados comprométese a difundir o programa de herdanzas e legados de UNICEF
O despacho González Torres Abogados converteuse na primeira empresa de Canarias que se adhire ao programa deherdanzas e legados de UNICEF España, comprometéndose a súa promoción. Na firma do convenio, a Presidenta de UNICEF Comité Canarias, Nereida Castro, subliñou a excelente acollida e a sensibilidade dos socios do despacho, Pedro Torres e Leocricia González, os cales se mostraron moi satisfeitos de poder apoiar o labor deUNICEF na defensa dos dereitos dos nenos de todo o mundo.
Os clientes deGonzález Torres Abogados recibirán
información de como contribuír na protección dos dereitos da
infancia a través da cesión a UNICEFdun legado ou dunha parte da súa herdanza. Desta forma,
explicaráselles como poden estender a súa solidariedade a
futuras xeracións e lograr un mundo mellor para os nenos,
as súas familias, comunidades e países.
As herdanzas e
legados constitúen unha importante fonte de
financiamento que permiten a UNICEFcontinuar co seu traballo e multiplicar os seus resultados. Son
ademais fondos que, pola súa aplicación a medio e longo prazo,
sustentan programas que causan un impacto profundo e que
transforman de xeito sostible a realidade en que vive a
infancia.