HAC 2014: 59 millóns de nenos viven en emerxencia
UNICEF lanzou Acción Humanitaria para a Infancia (HAC, polas súas siglas en inglés), un chamamento internacional para poder proporcionar asistencia humanitaria esencial a 85 millóns de persoas, entre elas as 59 millóns de nenos.
O chamamento realizado por UNICEF é de 2.200 millóns de dólares (1.605 millóns de euros), para poder atender ás persoas afectadas por conflitos, desastres naturais e outras situacións de emerxencia en 50 países de todo o mundo. Lugares como Sudán do Sur, onde 3,2 millóns de persoas necesitan asistencia humanitaria. " Máis de 400.000 nenos e as súas familias quedaron desprazados a causa do conflito", explica Ted Chaiban, director de programas de emerxencia de UNICEF. "Se queremos evitar unha catástrofe necesitamos fondos urxentes". Millóns de nenos están afectados por conflitos como os de Sudán do Sur, a República Centroafricanae Sirya. Pero hai moitos outrospaíses en "situacións desesperadas", declara Chaiban. Afganistán, Colombia, Myanmar, a República Democrática do Congo, Somalia, Iemen e outros países aparecen no chamamento de UNICEF.Acción Humanitaria para a Infancia 2014 destaca osproblemas que enfrontan os nenosnestas crises humanitarias.
HAC 2014: apoiar aos nenos en emerxencias
Nunha situación deemerxencia os nenos son os máis vulnerables. Necesitan apoio para axudarlles a sobrevivir e desenvolverse. Quedan máis expostos a sufrirenfermidades ou a ser vítimas de abusos e violencia.UNICEF traballa cos seus aliados para abordar situacións humanitarias en todo o mundo: desnutrición no Sahel, falta de auga potable enIemen, cólera en Haití, seca enAngola e ataques contra os nenos enAfganistán.
Con este chamamento quérese dar resposta a estas e outras situacións. En Sirya e a subrexión o chamamento é de 835 millóns de dólares para prestar asistencia en inmunización, educación, auga e saneamento e protección. Tamén para apoiar a cohesión social e a capacidade de mantemento da paz que permitan que os nenos de Sirya teñan un futuro. Os fondos que se consigancontribuirán a que UNICEF poida tratar 2,7 millóns de nenos con desnutrición aguda grave, vacinar 19 millóns de nenos contra o sarampelo, asegurar o acceso a23 millóns de nenos a auga potable e hixiene. Ademais, 6,9 millóns de nenos terán acceso aeducación e 2 millóns de nenos recibirán apoio psicosocial.Tamén se traballará para fortalecer a capacidade que teñen as comunidades de facer fronte aos problemas derivados de conflitos ou desastres naturais futuros. Fortalécense os sistemas de preparación nacionais e foméntase a capacidade de superación e resistencia (resiliencia) entre os nenos e as comunidades.
HAC 2014: logros incluso en situacións DIFÍCILES
Os resultados pódense lograr mesmo nas circunstancias máis difíciles. As contribucións ao chamamento 2014 de UNICEF permitirán reforzar o labor de 2013, que trouxo logros como estes:
- 24,5 millóns de nenos foronvacinados contra o sarampelo;
- preto de 20 millóns de persoas conacceso a auga para beber, cociñar e aseo persoal;
- 2,7 millóns de nenos conacceso a unha educación de mellor calidade, tanto oficial coma non oficial;
- 1,9 millóns de nenos recibirontratamento para a desnutrición aguda grave;
- 935.000 nenos recibiron apoio psicosocial.
Non obstante, as lagoas no financiamentonalgúns países -como Angola, Eritrea, Lesotho e Madagascar- así como o acceso humanitario inadecuado, a inseguridade e un problemático ámbito para a operativa, provocaron que moitas necesidades non se puidesen cubrir. Con esta Acción Humanitaria para a Infancia 2014 UNICEF quere lograr chegar a eses 59 millóns de nenos quenecesitan apoio en 50 países que viven situacións de emerxencia.