HAC 2014: Malí, un novo impulso á educación
A crise conduce a inesperadas oportunidades para os nenos desprazados de Malí.
Para os nenos das rexións do norte do país, os centros de educación temperá ofrecen unha oportunidade para aprender e curarse.
Os rebeldes non chegan a Siribala, no centro de Malí. Pero os recordos da guerraviaxaron ata aquí cos nenos desprazados da cidade.Xogar é a mellor cura. "O meu nome é Fatoumata Toure".Fatoumata ten cinco anos e a súa irmá Djeneba tres. Viñeron de Niafunke, preto deTombuktu, coa súa nai hai un ano. A familia viviu nun recinto cunha árbore, unha ovella, unha cabra e un cabalo, un cabalo branco. A casa estaba en fronte dun campamento militar. Fatoumatarecorda os militares armados escondéndose no patio. E o ruído que facían.
educación para curar as cicatrices da guerra
No patio, UNICEF e Plan Malí construíron un centro de educación temperá, e provén de materiais e xogos 60 nenos. Os profesores son nais locais, formadas para dar apoio aos nenos afectados pola guerra. "Realmente estes nenos estántraumatizados. A miúdo, se fas un ruído preto deles asústanse. Saen correndo", comenta Kadiatou Sylla, directora da Comunidade Preescolar de Siribala. Pola súa banda, Souleymane Traore, experto en educación de UNICEF, cóntanos que "non hai desenvolvemento en todas as partes". "O sector preescolar está en estado embrionario en Maliano", continúa. "Apenas o 12 por cento dos nenos ten acceso á educación preescolar. Debido a isto e a que a maioría destes nenos veñen dos pobos do norte - non de cidades - podes dar por seguro que nunca tiveron este tipo deinstalacións antes. Simplemente, non tiveron acceso a este tipo de educación".UNICEF apoiou a creación de18 destes centros de educación temperá en Malí. Dáse un novo impulso á educación mentres se curan as cicatrices da guerra.
HAC 2014: apoio para MAlí
Segundo o Informe de Acción Humanitaria para a Infancia (HAC2014), UNICEF apoiaráo restablecemento dos servizos sociais básicos, incluíndo a reintegración de 500.000 nenos ás escolas, a través do Ministerio de Educación e dunha campaña de regreso á escola; amellora da calidade da educación, mediante a capacitación dos mestres; a provisión de subministracións e a creación de espazos temporais.Unicef traballa para que460.000 nenos afectados polo conflito teñan acceso á educación básica de calidade e 40.000 (de entre 3 a 5 anos) teñan acceso ás actividades de desenvolvemento da primeira infancia.