"Hai desexos que cambian o mundo": Non chos perdas en Bilbao!

O peirao Evaristo Churruca de Bilbao acolle ata o 20 de abril a mostra de 24 imaxes da campaña Hai desexos que cambian o mundo de Legado Solidario, na que participa UNICEF.

Tras o seu paso por Madrid, Barcelona e Valencia, a cuarta edición da mostra fotográfica chega á capital biscaíña, apoiada polo Concello de Bilbao, para explicar por que facer un testamento solidario pode mellorar a vida de miles de nenos.

A concelleira da Área de Igualdade, Cooperación e Cidadanía, Oihane Agirregoitia,
foi a encargada de presentar a mostra: "É un xeito descoñecido por moita xente que axuda a contribuír a unha sociedade máis xusta", sinalou na inauguración.
 

Por que deixar un legado solidario para UNICEF

En España aínda non hai costume de facer testamento e menos aínda de deixar legados solidarios, principalmente por descoñecemento. Esta forma de colaboración é frecuente noutros países dende hai décadas. A campaña, que agora chega a Bilbao, explica na súa web www.legadosolidario.org as peculiaridades da lei española, trata de responder as dúbidas que poidan xurdir á hora de facer testamento e deixar un legado solidario, e dá a coñecer o traballo das organizacións que, como UNICEF, a promovemos.

As herdanzas e legados solidarios son fundamentais para que dende UNICEF poidamos atender as constantes
emerxencias que afectan aos nenos, froito de conflitos armados, desastres naturais ou pandemias, ademais de supoñer unha fonte de fondos flexible para financiar os nosos proxectos prioritarios.
 

os vascos, entre os que máis legados solidarios realizan

Nove das 24 organizacións que forman parte da campaña, entre as que se encontra UNICEF, forman parte do Consello Municipal de Cooperación de Bilbao. De feito, Madrid, Andalucía e a Comunidade Autónoma Vasca son as tres comunidades onde máis legados e herdanzas solidarias se realizan.

Se estás a pensar en deixar un legado solidario, podes achegarte á mostra ata o 20 de abril, o peirao Evaristo Churruca de Bilbao ou informarte na
web da campaña.