Haití, dous anos despois do terremoto

A situación dos nenos no país vai mellorando lentamente, aínda que aínda persisten retos cruciais, segundo o informe de UNICEF dous anos despois da catástrofe.

Segundo o informe, hai claras evidencias de melloras eprogreso para os nenos, particularmente nas áreas de educación, saúde, nutrición eprotección infantil.

Avances para la infancia

Grazas ao apoio dos doadores, UNICEF contribuíu a que máis de 750.000 nenos volvan á escola. Aproximadamente uns 80.000 asisten agora a clase en 193 escolas seguras e resistentes a sismos construídas pola organización. Máis de 120.000 nenos gozan do xogo en 520 Espazos Amigos da Infancia.Máis de 15.000 nenos condesnutrición recibiron asistencia vital en 314 programas de alimentación terapéutica que apoia UNICEF. E 95 comunidades rurais emprenderon novos programas de mellora do saneamento.  

O campo deprotección infantil está marcado por ungrande avance: o goberno de Haití reforzou o seu marco legal para os nenos que viven en institucións. Antes do terremoto o goberno non sabía cantos nenos vivían en institucións - ou nin sequera onde estaban. Agora, co apoio de UNICEF, lanzouse o primeiro Directorio de Centros Residenciais de Asistencia.Ata o momento avaliáronse máis da metade dos 650 centros do país e inscribíronse máis de 13.400 nenos, dos 50.000 que se calcula que viven en centros residenciais. O goberno tamén asinou o Convenio da HaYa sobre Adopción Internacional, que protexe os dereitos dos nenos, os seus pais biolóxicos, e os pais adoptivos, establecendo uns estándares básicos para as adopcións.  

"Haievidencias de pequenas vitorias en todas as partes, aínda que permanecen serias lagoas e deficiencias nas estruturas básicas de goberno de Haití, " dixo Françoise Gruloos-Ackermans, Representante deUNICEF en Haití. "Non nos equivoquemos: o país segue nunha situación fráxil, acosado pola pobreza crónica e o subdesenvolvemento. As súas débiles institucións deixan os nenos vulnerables ante os cambios bruscos e o impacto do desastre". O informe sinala que a maioría dos 4.316.000 nenos menores de 18 anos aínda teñen opcións limitadas para a súa supervivencia, desenvolvemento e protección.

 necesitase apoio para superar os retos

Máis de medio millón de persoas viven aínda en máis de 800 diferentes áreas de desprazados en toda a zona afectada polo terremoto. Ao redor dun 77%  vivía

de aluguer antes do terremoto, o que significa que a maioría non ten fogaresaos que regresar. O brote de cólera que se produciu tras o terremoto segue supoñendo unha carga adicional para servizos e infraestruturas xa severamente limitados.

"O país necesitará apoio firme e forte para superar os retos que aínda afronta", sinalou Gruloos-Ackermans.

 No último ano de traballo para a recuperación tras o terremoto, UNICEF segue implementar simultáneamente unha combinación de axuda humanitaria, desenvolvemento de capacidades para a reconstrución institucional e incidencia política, co fin de facer fronte aos retos que impiden o cumprimento dos dereitos da infancia.

Non obstante, aínda faltan fondos. UNICEF necesita 24 millóns de dólares para atender as necesidades humanitarias inmediatas en 2012 para apoiar a infancia vulnerable a través de cinco proxectos clave en saúde, nutrición, auga e saneamento, educación, e protección infantil. Outros 30 millóns de dólares son necesarios para axuda ao desenvolvemento a longo prazo.  

 

Máis de 100.000 doadores en España

A sociedade española envorcouse con Haití tras o terremoto de xaneiro de 2010. Dende entón, grazas ás achegas realizadas por máis de cen mil doadores, institucións públicas e privados, UNICEF España contribuíu con 17.143.840 dólares (13.425.584 euros segundo a conversión de dólares a euros a data 9 de xaneiro de 2012) aos traballos para a emerxencia e a recuperación de Haití. Esta contribución converte aUNICEF España no quinto doador a nivel mundial para o traballo do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia en Haití. Máis de 100.000 persoas e decenas de empresas, institucións e administracións públicascontribuíron a que os avances conseguidos nestes anos en materia de educación, saúde, nutrición e protección infantil fosen posibles.UNICEF España agradece a xenerosidade de todas estas persoas e entidades, sen o seu apoio, unido ao de persoas e entidades doutros países, non sería posible desenvolver o traballo pola infancia de Haití.