A historia de Basanti en India e como a comunidade pode evitar o matrimonio infantil
Chandra Devi está a planear casar á súa filla Basanti, de apenas 15 anos. Ambas as dúas viven en Bhawrak, unha pequena aldea en Uttar Pradesh, India. En canto Pratigya se decata, vai falar con ela, xa que leva anos dedicándose a sensibilizar as familias sobre os riscos do matrimonio infantil.
"É unha crenza común na maioría das familias que se non casan as súas fillas o antes posible, as nenas poderían ter unha relación cun rapaz deshonrando a súa familia. Nós como pais deberiamos considerar un enfoque diferente...As nais deberían aconsellar constantemente ás súas fillas como amigas, non como nais". Mentres fala con Pratigya,Chandra Devi rompe a chorar, xa que casou as súas fillas maiores a unha idade moi temperá. Unha delas está moi enferma debido a unha complicación no parto. Os médicos dixéronlle que o útero esta danado, e atribúeno ao seu embarazo aos 16 anos.Chandra Devi decide non casar a súa filla: Aprendín dos meus erros. Prometín a miña filla Basantique a enviarei á escola, non a casarei ata os 18 anos". Ao redor de 154 familias viven en Bhawrak, e todos eles pertencen a unha casta socialmente excluída e marxinada. Ata hai pouco, os nenos rara vez ían á escola e con frecuencia tiñan que traballar en lugar de ir á escola.
a comunidad forma sobre os riscos do matrimonio infantil
Grazas ao financiamento da Fundación IKEA,UNICEF apoia o goberno de Uttar Pradesh a crear comités de protección infantil en todo o estado. En Bhawrak tamén se formou un Comité de Protección Infantil, que proporciona un ambiente seguro no cal a comunidade pode falar dos seus problemas sen medo á estigmatización. Dende a creación do Comité, Pratigya e outras mulleres convertéronse en axentes do cambio. Van visitando casas, sensibilizando sobre o traballo infantil e os riscos do matrimonio infantil. A súa mensaxe é simple, pero clara: os nenos deberían estar na escola. Liderados polo xefe da aldea, estes comités inclúen varios anciáns do pobo, líderes da comunidade e dous nenos.Anita de 15 anos é unha desas nenas. "Os meus pais adoitaban dicir que me casarían pronto. Pero grazas a este comité de protección, os anciáns do pobo convenceron os meus pais de que non o fagan", di.
Unha promesa contra o matrimonio infantil
Os membros do Comité prometeron o seu apoio contra o matrimonio infantil a través dunha declaración pública de que non van casar as súas fillas antes da idade legal. Este voto público tivo unha grande influencia no resto do pobo. "A declaración pública polo Comité de Protección Infantil da aldea é moi efectiva na loita contra o matrimonio infantil", di o Xefe da Oficina de UNICEF en Uttar Pradesh. "A medida adoptada polo Comité reafirma que a xente non será socialmente estigmatizada se casan as súas fillas despois dos 18 anos". Grazas a este traballo as mozas na aldea teñen unha confianza recén descuberta. Os seus pais teñen que cumprir unha promesa: non as casarán sendo nenas.