H&M únese a UNICEF polos nenos máis vulnerables de Bangla Desh
A cadea de tendas de roupa H&M vai lanzar unha colección infantil de disfraces para Hallowen coa que se conseguirán fondos para os programas de UNICEF de promoción da educación dos nenos máis vulnerables en Bangla Desh.
Esta colección de disfraces forma parte da colección
especial de moda infantil All for Children, unha iniciativa global de
H&M e UNICEF que se iniciou en
2009. O 25% das vendas das pezas da colección
destínanse ao traballo de UNICEF en educación eprotección en comunidades de Bangla
Desh e India.
A educación contribúe a mellorar as condicións de vida e erradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento. No mundo hai uns 57 millóns de nenos sen escolarizar; case 2 de cada 10 vive en Asia meridional e occidental.
EN MADRID e BARCELONA DEnDE o 10 DE OuTUBRo
Este ano, a colección All for Children recrea o mundo de fantasía
dun baile de disfraces do século XVIII e estará dispoñible a partir
do 10 de outubro nas tendas deGran Vía 32 (Madrid) e Paseo de Graza
9 (Barcelona).
A colección inclúe pezas como os vestidos de María Antonieta e un traxe de sirenita, así como traxes de pirata e unha capa de morcego. Os disfraces complétanse con divertidos accesorios.