I Máster en Dereitos e Políticas de Infancia no ámbito local en Sevilla
A Universidade Pablo de Olavide de Sevilla imparte a primeira edición do Máster online en Dereitos e Políticas de Infancia no ámbito local (Cidades Amigas da Infancia).
O programa deste Máster, organizado conxuntamente pola Universidade Pablo de Olavide e UNICEF España, formará profesionais de alto nivel no deseño, implementación e avaliación de programas e políticas de protección e promoción dos dereitos da infancia no ámbito local.O coñecemento práctico e teórico sentará as bases para o establecemento de mecanismos que permitan escoitar e integrar a voz da infancia nos distintos ámbitos profesionais, dende unhaactitude crítica e un enfoque multidisciplinar.O Máster poderase conseguir cursando o programa completo deste. Outra opción será cursar de forma independente o programa deEspecialista en Dereitos de Infancia no ámbito local e o de Especialista en Prácticas e Implementación dos Dereitos e Políticas de Infancia no ámbito local, e posteriormente matriculándose no Máster. Só é necesario aboar os créditos correspondentes ao Módulo 8 (1 crédito), e ao Traballo fin de Máster (12 créditos). Para os profesionais da Administración Pública, como directivos ou técnicos, pedagogos, orientadores, psicólogos, traballadores sociais, educadores sociais e/ou monitores no campo da acción social, este máster online permite complementar e ampliar os seus coñecementos, dotándoos de instrumentos para a análise do impacto das políticas públicas relacionadas coa infancia. Ademais, a realización deste título pode ser de especial interese para profesionais e voluntarios do Terceiro Sector, permitíndolles especializarse no traballo con e para a infancia, familiarizándose coa lexislación e a práctica a todos os niveis. Para o seu acceso, o alumnado deberá seguir a Normativa de Estudos de Postgrao da Universidade Pablo de Olavide. O período de preinscrición xa está aberta, e finalizará 15 días antes do inicio do Máster, previsto para novembro.
Máis información aquí