Ibiza acolle as I Xornadas sobre Cidades Amigas da Infancia

Santa Eulària des Riu (Ibiza) acolleu en maio as I Xornadas sobre Cidades Amigas da Infancia (CAI), co obxectivo de difundir este programa e reflexionar sobre a importancia do papel dos nenos e mozos na vida municipal.

Numerosos responsables políticos, técnicos municipais, asociacións e membros da sociedade civil déronse cita nestas xornadas para avanzar na aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN).

 
O programaCAI sitúa aCDN no centro das institucións locais, co propósito de promover políticas máis favorables á infancia, así como a participación de nenos e mozos nos procesos que lles afectan.

O programa CAI cumpriu en 2012 o seu décimo aniversario, con 61 localidades recoñecidas como Cidades Amigas da Infancia en toda España. Ese ano, o municipio de Santa Eulària desRiu foi o primeiro das Illas Baleares en obter este recoñecemento, mentres que Formentera, Ciutadella e Santanyíconseguían un recoñecemento de boas prácticas en dereitos de infancia.
 
As xornadas tamén contaron coa intervención do Alcalde deSanta Eulària des Riu, Vicente Marí; aConsellera de Sanidad e Benestar Social do Consello Insular de Ibiza, Mercedes Prats; a Consellera de Bienestar Social de Formentera, Dolores Tamargo; a Concelleira de Asuntos Sociais, Xuventude e Cultura de Santa Eulària, Ana Costa; así como da Presidenta de UNICEFComité Baleares, Maria Antònia Caimari, e a Presidenta de UNICEF Comité Ibiza, Carmen Fano. Tamén participarán representantes o Consello de Infancia e Adolescencia de Santa Eulària des Riu