Iemen: 6 nenos morren ou resultan feridos cada día tras un ano de guerra
Iemen vive un conflito brutal desde hai un ano que deixou a este país ao bordo do colapso. Os nenos de Iemen está a sufrir as graves consecuencias dun enfrontamento que non elixiron ter que vivir.
Desde UNICEF lanzamos o informeChildren on the
Brink para lembrar o impacto da
guerra na vida estes nenos, que antes do conflito xa
vivían no país máis pobre do Golfo Pérsico e que
agora están a ver como a situación humanitariaempeora exponencialmente.
En UNICEF identificamos máis de1.560 violacións graves contra os nenos en
Iemen. Como resultado destas, máis de 900 nenos
morreron e máis de 1.300 foron feridos só
o ano pasado, o que supón unha media de 6 nenos mortos ou
feridos cada día.
IEMEN: “OS NenOS PAGAN o PREzO MÁiS ALTO POR UN CONFLITO QUE NOn PROVOCArOn"
Preocúpannos especialmente osataques a escolas, máis de 50 ata hoxe. Moitos
nenos morreron mentres estaban en clase ou no camiño desde ou cara
ao colexio.
"Os nenos están a pagar oprezo máis alto por un conflito que non
provocaron. Foron asasinados oumutilados en todo o país, e xa non están seguros
en ningún lugar de Iemen. Mesmo xogar ou durmir
volveuse perigoso", dixo Julien Harneis, representante de UNICEF en
Iemen.
A medida que a guerra se
intensifica, o recrutamento e uso de nenos nos combates
segue aumentando. O ano pasado, desde UNICEF puidemos confirmar848 casos de nenos recrutadospara o combate, algúns deles só tiñan dez anos.
Ademais das mortes producidas
polo impacto directo da guerra, desde UNICEF
calculamos que preto de 10.000 nenos menores de 5 anos morreron o
ano pasado por enfermidades prevenibles, xa que
servizos sanitarios básicos como a vacinación ou
os tratamentos contra a diarrea e apneumonía, entre outros, diminuíron.
A pesar daviolencia, as restricións de
acceso e a escaseza de fondos, desde
UNICEF puidemos analizar o estado nutricional de
millóns de nenos. Tamén distribuímos vacinas a
millóns de nenos e mulleres afectados pola violencia.
IEMEN: HAi QUE TOMAR MEDIDAS URxENTES
En UNICEF reiteramos o noso chamamento a todas as partes do conflito para que poñan fin á loita en Iemen e alcancen unha solución política. Mentres continúa a procura da paz, hai que tomar medidas urxentes:
- Todas as partes do conflito deben aterse ás leis da guerra, e parar inmediatamente os ataques contra civís.
- Todas as partes deben deter orecrutamento e uso de nenos nos combates.
- Todas as partes deben proporcionar acceso humanitario ilimitado e incondicional para chegar a todos os nenos.
En UNICEF necesitamosgarantir urxentemente o financiamento para facer
fronte a esta emerxencia. Ata agora só recibimos o 18% dos 180
millóns de dólares (160,5 millóns de euros) que necesitamos para
2016.
Se podes, colabora para axudar
aos nenos de
Iemen e outros nenos que viven en situación
de emerxencia.