Iemen: cada día 8 nenos son asasinados ou mutilados
Oito nenos son asasinados ou mutilados cada día en Iemen debido ao conflito que afecta ao país.
O noso informe Iemen: a infancia baixo ameaza revela que preto de 400 nenos morreron e máis de 600 resultaron feridos dende a intensificación da violencia hai catro meses.
A interrupción dos servizos de saúde, o aumento das taxas de desnutrición, o peche de escolas e un maior número de nenos recrutados por grupos combatentes son algunhas das consecuencias do conflito que está a arrasar o país máis pobre do mundo árabe.

Iemen: "o conflito é unha traxedia para os nenos"
"Este conflito é unha traxedia especialmente para os nenos de Iemen", explica o representante de UNICEF no país, Julien Harneis. "As bombas e as balas están a matar os nenos. Os que sobreviven enfróntanse a unha crecente ameaza de enfermidade e desnutrición. Non podemos permitir que isto continúe", engade.
O informe subliña que o conflito está a ser desvastador para a vida dos nenos agora, pero que tamén terá consecuencias terribles para o seu futuro.
Dunha poboación total de 24,41 millóns de persoas, preto de 10 millóns de nenos -o 80% da poboación menor de 18 anos- necesita asistencia humanitaria urxente ao longo do país. Máis de 1,3 millóns de persoas víronse forzadas a abandonar as súas casas.

Iemen: a infancia baixo ameaza
O informe Iemen: a infancia baixo ameaza dános datos e cifras para entender a magnitude da crise á que se enfrontan os nenos do país:
- Polo menos 398 nenos morreron e 605 resultaron feridos dende a intensificación do conflito en marzo.
- O número de nenos recrutados ou utilizados no conflito duplicouse, dos 156 de 2014 aos 377 verificados ata o momento en 2015.
- 15,2 millóns de persoas carecen de acceso a atención médica básica. Dende o 26 de marzo 900 instalacións sanitarias pecharon.
- 1,8 millóns de nenos teñen probabilidades de sufrir algunha forma de desnutrición de aquí a final de ano.
- 20,4 millóns de persoas necesitan asistencia para acceder a auga potable e saneamento debido á escaseza de combustible, os danos nas infraestruturas e a inseguridade.
- Preto de 3.600 escolas pecharon, o cal afectou a 1,8 millóns de nenos.
Iemen: o traballo de UNICEF
En UNICEF estivemos no centro das operacións humanitarias en Iemen dende o comezo do conflito. O noso persoal traballa en todo o país respondendo ás necesidades básicas dos nenos proporcionándolles servizos vitais, que inclúen a distribución de auga potable e o tratamento dos nenos con desnutrición, diarrea, sarampelo e pneumonía.
Nos últimos seis meses, dende UNICEF proporcionamos apoio psicolóxico a máis de 150.000 nenos para superar os horrores do conflito. Ademais, 280.000 persoas aprenderon como actuar en caso de explosión de artefactos ou minas para evitar sufrir feridas.
Necesitamos 182,6 millóns de dólares (165 millóns de euros) para atender aos nenos e familias afectados polo conflito. Malia as tremendas necesidades, ata a data só recibiuse o 16% do requirido. Se podes, axuda aos nenos de Iemen contribuíndo ao noso fondo de emerxencias.