Iemen: declaración de Julien Harneis, representante de UNICEF no país
"O número de nenos asasinados en Iemen como resultado do conflito nas últimas semanas é catro veces maior que o total de mortes confirmadas en 2014 *. Polo menos 279 nenos morreron e 102 resultaron feridos dende que comezase a escalada de violencia en Iemen o 26 de marzo de 2015, comparado cos 74 e 244 respectivamente, rexistrados en todo o ano pasado.
O recrutamento e uso de nenostamén aumentou bruscamente. En Iemen, os nenos son
utilizados por grupos armados, nos puntos de
control ou como portadores de armas. En 2014, 156 nenos
foron recrutados e usados en grupos armados, mentres queen 2015 o número xa se duplicou chegando a
318.
Os nenos seguen sendo asasinados, mutilados ourecrutados para loitar en enfrontamentos. Deberían
están seguros nas escolas e non tratando deescapar das balas en primeira liña da fronte de
batalla. Estes nenos son o futuro de Iemen e deben
ser protexidos en todo momento e afastados do
perigo.
UNICEF manifesta
a súa satisfacción ante o chamamento do Secretario Xeral de
Nacións Unidas para que teña lugar unha pausa
humanitaria durante o mes sagrado doRamadán para permitir a asistencia a todos osiemenís que necesitan axuda e dar así un
respiro.
A violencia en Iemen non só devastou asvidas de millóns de nenos, senón que está a ter
consecuencias aterradoras a longo prazo para o seu futuro. De
novo UNICEF destaca
a necesidade urxente de que todas as partes no
conflito, e aqueles que teñen influencia, rematen
con esta violencia dunha vez por todas".
* Recentemente publicouse información sobre violacións graves
contra os nenos en 2014 no informe anual sobre nenos e conflitos
armados do Secretario Xeral de Nacións Unidas.