Iemen: as enfermidades e a desnutrición ameazan aos nenos
O conflito de Iemen está a afectar gravemente ao sistema público de saúde deste país, expondo a millóns de nenos á ameaza de enfermidades evitables.
"Os nenos non están a ser
vacinados. Os centros de saúde non teñenelectricidade ou o combustiblenecesario para manter as vacinas en frío e
distribuílas. Ademais, os pais están moi asustadospolos enfrontamentos e non levan aos seus fillos a vacinar", dixo
Peter Salama, director rexional de UNICEF para Oriente Medio e
Norte de África.
"A tráxica consecuencia é que osnenos van morrer de enfermidades como osarampelo e a pneumonía, que
noutras circunstancias pódense previr", engadiu.
En UNICEF calculamos que ainterrupción dos servizos de vacinación está a pór
a 2,6 millóns millóns de nenos menores de 15 anos
en risco de contraer sarampelo. Esta enfermidade
propágase rapidamente en tempo de conflito e pode chegar a
ser mortal.
Iemen: os hospitais non funcionan con normalidade
Desde que se iniciasen os
enfrontamentos en marzo, moitos hospitais ecentros de saúde non funcionan con normalidade.
Por este motivo, o número de nenos expostos aenfermidades respiratorias infecciosas podería
alcanzar os 1,3 millóns.
Doutra banda, máis de 2,5
millóns de nenos corren perigo de sufrirdiarreas debido á falta de auga
potable, de saneamento e de acceso asales de rehidratación oral. Antes do conflito
había 1,5 millóns de nenos nesta situación.
A desnutrición é
outra das ameazas que nos preocupan. En UNICEF calculamos que500.000 nenos menores de cinco anos están en risco
de padecer desnutrición aguda grave nos próximos
12 meses se a situación continúa deteriorándose. Ademais,1,2 millóns de nenos menores de cinco anos
poderían sufrir desnutrición aguda moderada, o dobre que antes de
de a crise.
Iemen: 279 nenos morreron e 402 resultaron feridos
O conflito se
recrudece a medida que pasan os días. Desde marzo, polo
menos 279 nenos morreron e 402 resultaron
feridos como consecuencia dos enfrontamentos. Neste clima
de violencia e inseguridade, desde UNICEF e xunto aos nosos
aliados, seguimos vacinando aos nenos eproporcionando tratamento aos máis enfermos ou
desnutridos.
Para iso, mobilizamosequipos de nutrición e vacinaciónnas zonas máis afectadas do país. A súa misión é a de controlar
calquera incremento no número de nenos que sofrenenfermidades ou desnutrición, e
ofrecer unha resposta se isto ocorre. Estas intervencións son clave
para evitar unha crise de saúde pública.
Desde UNICEF unímonos á petición
do Secretario Xeral da ONU para que as partes en conflito acorden
un alto ao lume que permita distribuíraxuda humanitaria aos máis vulnerables.