Iemen: máis de 500 nenos morreron nos 6 meses de conflito
O conflito en Iemen, que comezou hai xa 6 meses, está a deixar aos nenos nunha situación devastadora. En UNICEF calculamos que polo menos 505 nenos morreron, 702 resultaron feridos e máis 1,7 millóns están en risco de desnutrición.
As cifras de afectados son
arrepiantes. Preto de 10 millóns de nenos, ou o
que é o mesmo, o 80% da poboación menor de 18 anos, necesitanaxuda humanitaria urxente. Máis de 1,4 millóns de
persoas tiveron que fuxir das súas casas.
"Cada día que pasa, os nenos ven
as súas esperanzas e soños para o futuro
esnaquizados", di o representante de UNICEF en Iemen, Julien
Harneis. "Os seus fogares, escolas e comunidades están a ser
destruídos, e as súas propias vidas están cada vez máis ameazadas
pola enfermidade e adesnutrición".
ieMEN: O NÚMERO DE NenOS EN RIScO DE DESNUTRICIÓN triplicouse
Antes do conflito,Iemen xa contaba cunha situación moi
desfavorable en termos de desnutrición. O país máis pobre
do Golfo Pérsico produce menos do 10% das
súas necesidades alimentarias e ten unha gran dependencia
das importacións.
A guerra incrementou
exponencialmente a inseguridade alimentaria e aameaza da desnutrición; o número de nenos en risco
de sufrir desnutrición aguda grave triplicouse en
2015.
A escaseza de
alimentos é un grave problema que se ve incrementado polafalta de emprego, ou a falta de
combustible, electricidade, gas, auga e
outros servizos. Máis de 20,4 millóns de persoasnon teñen acceso a auga potable, máis de 15 millóns de
persoas perderon o acceso a asistencia médica básica e1,8 millóns de nenos víronse afectados o peche de
escolas.
ieMEN: DISTRIBUIMOS VACiNAS PARA 5 MILLóNS DE NenOS
Dende UNICEF estamos a dar unha
ampla resposta humanitaria desde o inicio do
conflito. Proporcionamos acceso a auga potable a 3
millóns de persoas, distribuído vacinas para máis
de 5 millóns de nenos e tratado a 93.500 nenos contra adesnutrición aguda grave.
Tamén centramos o noso traballo
en garantir que 520.000 nenos puidesen realizar os seusexames aprazados e en prestar apoio psicosocial a
240.000 nenos para axudalos a superar os horrores do
conflito.