Iemen: os nenos sofren as consecuencias do conflito
Os nenos de Iemen están a sufrir as graves consecuencias do conflito que vive o seu país. Polo menos 74 nenos morreron e 44 resultaron feridos dende que comezaron os enfrontamentos, aínda que UNICEF calcula que a cifra real é moito maior, debido á escalada de violencia dos últimos días.
Os nenos están a pagar un prezo intolerable neste
conflito", dixo o representante de UNICEF Iemen, Julien
Harneis,
dende Amán.
"Están a morrer, sofrenmutilacións, vense forzados a fuxir das súas
casas, a súa saúde está en perigo e a súaeducación interrompeuse. Todas as partes en
conflito deberían respectar e protexerinmediatamente estes nenos, como marcan leis humanitarias
internacionais,".
Máis de 100.000 persoas en todo o paísabandonaron as súas casas en busca de lugares
seguros nos que refuxiarse. Os hospitais sofren
unha presión crecente mentres loitan por atender aos
feridos cos poucos recursos que teñen e mentres son
atacados. Ata agora, polo menos tres traballadores
sanitarios e un condutor de ambulancia
morreron vítimas dos enfrontamentos.
Sempre que as condicións de seguridade o permiten,
o persoal de UNICEF traballa
xunto aos seus aliados para proporcionar ás familias auga
potable e servizos sanitarios básicos. A
organización está a distribuír combustible para
poñer en funcionamento bombas de auga en tres
cidades do sur do país, entre as que se encontra Adén, onde o
conflito destruíu a canalización de augas. Noutras provincias do
sur, as augas residuais acumúlanse nas rúas,
incrementando o risco de brotes de
enfermidades.
Os medios de comunicación do país emiten mensaxes para alertar
nenos e pais dos perigos dos explosivos sen
detonar e para aconsellar como soportar osufrimento causado poloconflito.
"A situación actual é moi perigosa", dixo a
doutora Gamila
Hibatullah en
Adén. "Os hospitais están desbordados e ata se
están a secuestrar ambulancias".
O conflito está a empeorar a xa de por si precariasituación dos nenos que viven nun dos países máis
pobres da rexión. A inseguridade alimentariaameaza a gran parte do país e a desnutrición agudaesténdese entre os máis novos.
Se podes, colabora para que poidamos protexer os nenos de Iemen da
violencia.