Iemen: protexer os nenos da escalada de violencia
Polo menos 62 nenos morreron e 30 resultaron feridos durante os combates en Iemen dos últimos días. Os enfrontamentos están a prexudicar gravemente os servizos básicos de saúde e educación, mentres que a violencia e o desprazamento están a deixar os nenos aterrorizados.
"Os nenos necesitan desesperadamenteprotección, e todas as partes do
conflito deberían facer todo o que estea na súa
man para manter os nenos seguros", dixo o
representante de UNICEF Iemen, Julien
Harneis,
dende Amman.
A actual intensificación da violencia e a rápida deterioración da
situación humanitaria están a empeorar as xa precarias condicións
dos nenos no país, cunha inseguridade alimentariaxeneralizada, desnutrición aguda grave e aumento
das taxas de recrutamento de
nenos.
UNICEF,
xunto aos seus aliados nacionais e internacionais, segue
traballando para proporcionar os nenos afectadas subministracións
esenciais de auga, saneamento e saúde, así comovacinas, nutrición, educación e programas
psicosociais e de sensibilización sobre minas antipersoa e
municións sen detonar.
UNICEF conta
en Iemen cun pequeno número de persoal internacional e máis de 100
membros de persoal local.