II Congreso Cidades Amigas da Infancia en Madrid

CaixaForum Madrid acolle, os próximos 25 e 26 de novembro, o II Congreso Cidades Amigas da Infancia (CAI), baixo o lema Fronte á pobreza e a vulnerabilidade: Alianzas Locais pola Infancia e a Adolescencia. A inscrición está aberta ata o 17 de novembro.

 

Está dirixido a representantes de gobernos locais, técnicos e políticos municipais, membros de organizacións cidadás, expertos en infancia e adolescencia, outros profesionais, emprendedores, empresarios, investigadores e estudantes relacionados coas necesidades e dereitos da infancia.

O principal obxectivo deste simposio é impulsar a creación e desenvolvemento deAlianzas Locais pola Infancia e a Adolescencia (ALIA) como resposta á grave situación de pobreza e vulnerabilidade social que afecta á infancia do noso país.

Segundo o informe deUNICEF Comité EspañolA Infancia en España 2012-2013: O impacto da crise nos nenos, o 26,2% dapoboación infantil, é dicir, máis de 2,2 millóns de nenos menores de idade, viven en fogares que están por debaixo do albor da pobreza.

Hai dous anos, o I Congreso CAI celebrouse co lemaNovos retos e oportunidades dende os municipios con e para a Infancia: Cidadanía, Coordinación e Cooperación. Agora, o programa CAI propón avanzar un paso máis, xerandoALIA en todos os municipios, é dicir, redes de colaboración cidadá para responder solidariamente ás necesidades e dereitos da poboación infantil e das súas familias, combatendo toda forma de exclusión.

O evento está financiado pola Obra Social "a Caixa" e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade; e apoiado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Instituto UAM-UNICEF de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA), o Secretariado Internacional Cidades Amigas da Infancia, e Fundación Educativa Universidade de Pais.

Oprograma CAI sitúa aConvención sobre os Dereitos do Neno (CDN)no centro das institucións locais co obxectivo de promover políticas máis favorables á infancia, así como a participación de nenos e mozos nos procesos que lles afectan. O programa CAI cumpriu en 2012 o seu décimo aniversario con 62 localidades recoñecidas como Cidades Amigas da Infancia en toda España.

Todo o que estea interesado en consultar o programa completo e participar neste II Congreso CAI pode inscribirse a través desta web.