II Protocolo da Convención: os nenos xa poden denunciar a violación dos seus dereitos ante Nacións Unidas

Xa está en vigor o III Protocolo Facultativo da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN).

 

Isto significa que os nenos, nenas e adolescentes poden presentar denuncias individuais aoComité de Dereitos do Neno se sofren unha vulneracióndos seus dereitos e esgotaron as vías legais no seu país de orixe. Así se poden detectar as lagoas nos sistemas xudiciais nacionais en relación aos menores de idade, e dáse apoio ás institucións independentes de dereitos humanos da infancia.

Como se presenta unha denuncia?

Cando un neno ou un adolescente sofre a vulneración dalgún dos seus dereitos por parte do Estado podedenuncialo a través de dúasvías:
 

  • Procedemento de comunicacións: os menores ou os seus representantes poden denunciar a violación dos seus dereitos ante o Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas, se é que non quedou resolta nos tribunais nacionais.

Poden presentar queixas sobre violacións dos seus dereitos incluídos no Protocolo Facultativo relativo á venda de nenos, a prostitución infantil e a utilización de nenos na pornografía, e o Protocolo Facultativo relativo á participación de nenos nos conflitos armados, sempre que o Estado ratificase o III Protocolo.
 

  • Procedemento de investigación: aplicable no caso de violacións de dereitos do neno graves ou sistemáticas. A denuncia pode ser presentada por calquera persoa ou entidade, pública ou privada, sempre que o Estado en cuestión ratificase o III Protocolo Facultativo daCDN e aceptase o procedemento de investigación; e cando as violacións afecten a dereitos previstos na CDN ou algúns dos seus outros dous Protocolos Facultativos ratificados polo Estado en cuestión.

Isto supón que os nenos contan cun instrumento de Dereito Internacional, igual que o dos adultos, paradenunciar violacións graves comoviolencia, explotación oudiscriminación. Así mesmo existe un procedemento de comunicacións entre Estados por medio do cal un Goberno pode presentar denuncias ante outro que non cumpra coas súas obrigas de garantir os dereitos da infancia. Cando o Comité considera que a información recibida é fidedigna pode iniciar unha investigación; se determina que se cometeu unhaviolación emitirá algunhasrecomendacións ao Estado: rehabilitación, reparación, compensación económica ou garantías de que non volverán repetirse os feitos, entre outras posibles solucións.

o III Protocolo en España

España asinou o III Protocolo o 28 de febreiro de 2012,ratificado o 3 de xuño de 2013. Agora entrou en vigor no noso país e no resto de Estados que o ratificaron. Con este instrumento España comprométese a aplicarmellor a Convención sobre os Dereitos do Neno e os seus Protocolos Facultativos.Os países que forman parte da CDN non están obrigados a ratificar o Protocolo, que ata o momento foi ratificado polo mínimo necesario para que o tratado sexa de aplicación nas lexislacións nacionais. O obxectivo é lograr a plena ratificación. A CDN era o único gran tratado internacional sobre dereitos humanos que non dispoñía dun procedemento de denuncia. Cando non se protexen os dereitos de xeito axeitado a nivel nacional, é importante contar cun sistema a nivel internacional para garantir a protección xurídica das vítimas ante a vulneración dos seus dereitos.