III Congreso da Saúde Integral das Nenas e Adolescentes
Expertas analizan el impacto de Internet, las redes sociales o los contextos migratorios en la salud física y mental de las niñas y adolescentes.
III Congreso da Saúde Integral das Nenas e Adolescentes
Expertas analizan o impacto da internet, as Redes Sociais ou os contextos migratorios na saúde física e mental das nenas e adolescentes.
A tecnoloxía permite ás nenas e adolescentes aprender, imaxinar e desenvolverse se se utiliza de forma correcta. Internet ten o potencial de ampliar horizontes e impulsar a creatividade, pero tamén implica riscos. © UNICEF/UNI574655/Pouget
Para UNICEF é unha prioridade no seu traballo a atención da saúde física e mental dos nenos, nenas e adolescentes, o acceso a unha educación igualitaria e a protección da infancia fronte á explotación e a violencia.
Para sensibilizar sobre esta labor, de vital importancia no caso das nenas e mulleres, UNICEF Comité Galicia únese á Asociación A Ciencia é Feminino no Congreso da Saúde Integral das Nenas e Mozas que tivo lugar o sábado 25 de maio en Muncyt, A Coruña.
No Congreso, dividido en distintos paneis, participaron expertas do ámbito da psicoloxía, a socioloxía, as migracións, a sanidade e da educación, que fixeron un percorrido por diversas temáticas que impactan profundamente na saúde física e mental de nenas e adolescentes.
Redes sociais e saúde mental
No primeiro panel, “Impacto das redes sociais na saúde mental das nenas e adolescentes: Unha análise en profundidade”, Irene Marín, coordinadora de UNICEF Comité Galicia, a psicóloga Olalla Guimarey e a socióloga Miriam Couceiro analizaron os riscos e oportunidades da internet e as redes sociais. Tamén participou María Solar, escritora, xornalista e Amiga de UNICEF Comité Galicia, moderando este espazo.
Á súa vez, Julia, de 15 anos, e Emily, de 16 anos, dos Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente de Teo e Moeche, completaron o panel compartindo as súas ideas para un uso seguro da tecnoloxía.
O seguinte tema centrouse na crise migratoria en Canarias desde outubro de 2023, destacando o cambio no perfil migratorio cara a mulleres e adolescentes que foxen da violencia, os matrimonios forzados e a pobreza. Sara Casero, especialista en migracións de UNICEF Comité Canarias, falou sobre o impacto físico e psicolóxico en mulleres e nenas non acompañadas.
Saúde das nenas e mulleres
No panel "Empoderamento feminino: Coidando a saúde para un benestar global", Myriam Garabito, ex-presidenta de UNICEF Comité Galicia, abordou como a desigualdade de xénero e a falta de servizos básicos afectan a saúde menstrual, así como o traballo de UNICEF en vacinación. Participaron Mar Rodríguez Romero da UDC e Sara Jove, especialista en Xinecoloxía do Hospital Universitario de Ferrol.
As nenas nas ciencias
No último panel, " Abrindo portas: Educación igualitaria para nenas e adolescentes cara a un futuro sen límites.", Mª Ángeles Romero, vicepresidenta de UNICEF Comité Galicia, falou sobre a fenda de xénero en STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).Acompañárona Sara Carreiro, xornalista de La Voz de Galicia, Mónica Caínzos, psicóloga infanto-xuvenil e Branca N. Guerrero, inspectora de educación.
Podes ver o Congreso aquí.