IKEA e UNICEF, 10 anos de alianza
A Fundación IKEA e UNICEF celebran os resultados dos seus 10 anos de alianza para promover os dereitos dos nenos á educación, a mellora da supervivencia infantil e a loita contra o traballo infantil en India.
Durante o mes de setembro, IKEA e UNICEF celebran 10 anos de traballo conxunto, o que permitiu que máis de 74 millóns de nenos en India poidan ter un futuro mellor para eles e as súas familias. "O liderado de IKEA tivo un impacto duradeiro nas vidas dos nenos arredor do mundo ", dixo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, "máis nenos están a recibir aos alimentos que necesitan para sobrevivir e prosperar,máis nenos teñen acceso a auga potable e mellores condicións sanitarias, e máis nenos acoden á escola en lugar de ser explotados no traballo ilegal". Polos excelentes resultados desta alianza, UNICEF mira con ilusión a próxima década desta estratéxica asociación conIKEA. "Dez anos de traballo conxunto, e unha contribución de máis de 100 millóns de euros para proxectos de UNICEF en India, transformáronse ata agora en oportunidades para máis de 74 millóns de nenos", comenta Per Heggenes,CEO da Fundación IKEA. "Cunha visión a longo prazo e de traballo en equipo con UNICEF, estamos a levar esperanza a millóns de familias"
Resultados obtidos
En colaboración co Goberno de India, a Fundación IKEA eUNICEF contribuíron a algúns dos seguintes resultados na última década:
Saúde e Saneamento: a loita contra a desnutrición, a auga e o saneamento deficientes:
- 56.500 nenos recibiron tratamento contra a desnutrición e a 370.000 nenos déuselles atención e seguimento.
- 2,14 millóns de mulleres coñecen os beneficios de practicar a lactación materna.
- 32 millóns de fogares xa contan con servizos hixiénicos, e 67% das escolas teñen acceso a latrinas, auga potable de mellor calidade e instalacións de lavado de mans.
Dereitos dos nenos e educación: unha educación de calidade, a loita contra o traballo infantil:
- A formación de profesores permitiu que nenos de 13.120 escolas se beneficien dunprofesrado mellor preparado.
- 15.000 nenos vítimas do traballo infantil da produción de algodón van a escolas regulares despois de aprender habilidades básicas de lectura, escritura e matemáticas en escolas ponte.
- Máis de 500.000 membros da comunidade, líderes e funcionarios foron capacitados para protexer os nenos.
Oríxes da alianza
Esta alianza lanzouse cunha campaña pioneira para promover os dereitos dos nenos no cinto e arredores do estado de Uttar Pradesh, o máis poboado de India. En 2006, a alianza creceu ao incluír proxectos para erradicar o traballo infantil no estado de Andhra Pradesh, produtor de algodón. En 2008, co propósito de promover os dereitos do neno, a supervivencia infantil, o crecemento e desenvolvemento da infancia, a alianza estendeuse a 15 estados do país, onde máis de 28 millóns de nenos son vítimas do traballo infantil e onde se estima que 4.700 nenos menores de 5 anos morren cada día.Ademais, a Fundación Ikea tamén colabora coa iniciativa de UNICEFEscolas para África e Escolas para os programas de Asia a través da campaña Soft Toys.