IKEA e UNICEF: o poder da educación

As tendas de IKEA en España conseguiron un total de 329.508 euros no marco da campaña Peluches para a educación, que foron doados a UNICEF e Save the Children para proxectos relacionados coa educación de nenos e nenas en 18 países en desenvolvemento de Europa Central e do Leste, África e Asia.

UNICEF destinará os fondos ás iniciativas Escolas para África, presente en 13 países do continente, e Escolas para Asia, centrada en China. Escolas para África é unha alianza entre UNICEF, a Fundación Nelson Mandela e a Fundación Peter Krämer que axuda a que as nenas, os orfos, os nenos que viven en situación de pobreza extrema e outros nenos vulnerables de África vaian á escola e reciban unha educación de calidade.

Pola súa banda, Save the Children centrarase en mellorar as condicións educativas dos nenos de grupos discriminados de Asia e Europa Central e do Leste.

A educación contribúe a mellorar as condicións de vida e erradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento.

Para UNICEF, a educación de calidade implica que as escolas se baseen no interese superior do neno, o que se traduce en escolas seguras que proporcionan un ámbito de protección, con profesores capacitados, e recursos axeitados que ofrecen unhas condicións óptimas para aprender.
 

 

UNhA DÉCADA DE 'o PODER DA EDUCACIÓN'

Por cada peluche ou libro infantil vendido nas súas 15 tendas en España entre o pasado 10 de novembro e o 11 de xaneiro, aFundación IKEA doou1 euro a UNICEF eSave the Children. Baixo o lema de O poder da educación, a campaña cumpriu o seu décimo aniversario. Nesta década de andaina logrouse en todo o mundo un total de 67 millóns de euros, dos que 10,1 millóns corresponden a este ano. En España, as tendas de IKEA doaron máis de 3,6 millóns de euros a proxectos de educación infantil de ambas as dúas organizacións dende 2003. Todos estes fondos contribúen a mellorar asoportunidades educativas de máis de 11 millóns de nenos de 46 países, xa que permiten tanto a UNICEF coma aSave theChildren formar osprofesores para que eduquen con métodos máis aptos para os nenos, así como fomentar a protección infantil, proporcionar material educativoe mellorar o índice de asistencia escolar.