IKEA e UNICEF: peluches para a educación

Un ano máis, a Fundación IKEAUNICEF e Save the Children puxeron en marcha a campaña Peluches para a Educación. Por cada peluche ou libro adquirido entre o 9 de novembro e o 9 de xaneiro nas tendas IKEA, a empresa sueca doa 1 euro para proxectos de educación infantil de UNICEF e Save the Children.

 

UNICEF destinará os fondos ás iniciativa Escolas para África, presente en 13 países do continente, e Escolas para Asia, en 11 países.

Escolas para África é unha alianza de UNICEF, a Fundación Nelson Mandela e a Fundación Peter Krämer que axuda a que as nenas, os orfos, os nenos que viven en situación de pobreza extrema e outros nenos vulnerables de África vaian á escola e reciban unha educación de calidade. Ata o momento beneficiou a 28,5 millóns de nenos.

Pola súa banda, Save the Children centrarase en mellorar as condicións educativas da infancia máis vulnerable de Asia e Europa do Leste.

A educación contribúe a melloraras condicións de vida e erradicaro círculo de pobreza que sofre ainfancia no mundo en desenvolvemento. Para UNICEF, a educación de calidade implica que as escolas se baseen nointerese superior do neno, o que se traduce enescolas seguras que proporcionan un ámbito de protección, con profesores capacitados e recursos axeitados que ofrecen unhas condicións óptimas para aprender.

Ademais dos peluches e do libro O príncipe ra (do escritor sueco Ulf Stark, con ilustracións de Silke Leffler), este ano incorporouse unha nova actividade. Trátase dunconcurso de debuxo para que os nenos debuxen o peluche dos seus sonos e, se resulta seleccionado, fabricarase e venderá nas tendas IKEA o próximo ano.
 

99 proxectos en 46 países

Dende que comezou a campaña Peluches para a educación, hai xa 12 anos, e grazas á implicación dos seus clientes e empregados, IKEA conseguiu67 millóns de euros.

Estes fondos permitiron financiar máis de 99 proxectos nuns 46 países, para contribuír a mellorar a educación de máis de 11 millóns de nenos en todo o mundo.