IKEA únese a un Pacto de Estado pola Infancia

IKEA Ibérica foi a última entidade en sumarse á iniciativa Eu Pido Pacto que, dende UNICEF e xunto a outras organizacións, estamos a impulsar para conseguir que se asine un Pacto de Estado pola Infancia que blinde os dereitos dos nenos en España.

 

Nos últimos anos, a situación da infancia no noso país empeorou notablemente. Os datos en relación aos niveis de pobreza e de fracaso escolar son especialmente preocupantes polo impacto que terán no futuro da nosa sociedade.

IKEA convértese así nunha das máis de 200 entidades que se adheriron a esta proposta, facendo un chamamento aos seusmiles de clientes e empregados,co fin de posicionar o valor social da infancia e o seu poder para crear un mundo mellor e máis xusto.

"Con Eu Pido Pacto buscamos que a infancia sexa unha prioridade na axenda política social", dixo Javier Martos, o noso director executivo, nun acto no que IKEA asinou a súa adhesión ao Pacto.

Ademais, IKEA presentouO Poder da Infancia, unha iniciativa cuxo obxectivo é poñer á infanciano centro das decisións que tome a compañía. A través deste proxecto, IKEA demostra o seu compromiso de respectar,protexer e promover osdereitos da infancia.

"Non podemos quedar cos brazos cruzados. Os nenos rétannos a ser mellores persoas. En IKEA queremos aproveitar o noso potencial para asegurar un mellor día a día para os nenos e nenas en España", dixo Antonella Pucarelli, directora adxunta de IKEA Ibérica.


Máis do 30% dos nenos do noso país viven enrisco de pobreza e o fracaso ou abandono escolar sitúase por enriba do 22%. Para poder protexer os seus dereitos, necesitamos o apoio de todos.

Ti tamén podes sumarte.