Imanol Arias en ‘El Intermedio’: máis de 140.000 mensaxes enviadas
O programa da Sexta El Intermedio dedicou onte gran parte do seu espazo a apoiar a campaña de UNICEF Cumpledías contra a desnutrición infantil.
Imanol Arias, Embaixador de UNICEF España, foi o encargado, xunto á xornalista Thais Villas, de lanzar o reto e invitar os seguidores do programa a enviar un SMS coa palabra UNICEF ao 28028. Co importe dese SMS, 1, 20 €,UNICEF pode dar undía de tratamento a un neno que sofre desnutrición aguda.
Cumpledías pon o foco sobre a idea de que a
desnutrición coloca os nenos nunha situación tan precaria de
supervivencia que cumprir días é un logro e un reto ao mesmo tempo,
e ten como obxectivo asegurar a supervivencia
infantil, que os nenos cumpran anos e poidan desenvolver
plenamente todo o seu potencial."Esta campaña é un milagre", dixo Imanol, referíndose ao tratamento con alimento
terapéutico listo para usar que se administra os nenos que sofren
desnutrición. "Os nenos non teñen que estar fóra da súa casa para
ir ao centro de nutrición. O ano pasado chegouse a 2
millóns de nenos. Cada SMSque se manda coa palabra UNICEFproduce un día de vida para os nenos. É algo que produce
moita alegría, é algo moi sinxelo, moi
doado,".
En unha emerxencia a vida e a morte están moi preto
Imanol Arias, que leva apoiando a UNICEF España dende o ano 2000, estivo en
Níxer xunto a Ana Duato para
coñecer os programas neste país. Cando viaxei a Níxer vin unha
realidade brutal porque era un país en estado de emerxencia, e nesa
situación a vida e a morte están moi preto. Fomos
a un centro de nutrición e un neno morreu nas nosas mans e outro
salvouse", recordou.
O reto, apoiado por Wyoming, conseguiu unha resposta
inmediata dos seguidores do programa. Nunhas horas,máis de 140.000 mensaxes enviadas, grazas á
solidariedade de miles de persoas que quixeron sumarse á
campaña Cumpledías.
O tratamento completo dun neno con desnutrición duraentre 4 e 6 semanas e custa ao redor de 42
euros. Os fondos obtidos con esta campaña destínanse aos
programas de UNICEF na área de
supervivencia infantil en todo o mundo.
A IMPORTANCIA DA LoitA CONTRA A DESNUTRICIÓN
Case 20
millóns de nenos menores de cinco anos padecen desnutrición aguda
grave, o que os pode colocar en risco de morte se non
reciben atención. A desnutrición aguda pódese tratar con leite ou
alimento terapéutico.
Ademais, uns 180 millóns de nenos menores de cinco anos en
todo o mundo sofren desnutrición crónica. Se se produce
nas primeiras etapas da vida dun neno pode provocar un atraso no
crecemento do neno, e o dano físico e cognitivo que causa é
irreversible. Este tipo de desnutrición non se trata pero pode
previrse con medidas sinxelas.