Inés Lezama:"A desnutrición crónica infantil frea o desenvolvemento de África"

Entrevistamos á biscaíña Inés Lezama, responsable de Nutrición de UNICEF Camerún, aproveitando a súa visita a España para participar no XVI Seminario Internacional de UNICEF Comité País Vasco - Universidade País Vasco que se celebrou en Bilbao a principios de marzo.

Con ela repasamos a complexa situación nutricional de Camerún, así como outros temas relacionados coa innovación para o desenvolvemento e a importancia do sector privado para conseguir avances para a infancia.

 

  • Cal é o principal problema para a infancia de Camerún?
A desnutrición crónica é o que máis preocupa: trátase dun neno ou nena que ten unha altura moi escasa en función da súa idade e que non desenvolveu nin crecido como debería, física e cognitivamente. O verdadeiro perigo é que haxa unha gran masa de poboación infantil, que despois se converterá en xuvenil e adulta, que non desenvolva todo o potencial. Deste modo estase a reducir o capital humano, o que frea o desenvolvemento de certos países de África. Se a man de obra non queda no país ou non existe, como desenvolver o país?
  • Que grandes emerxencias están latentes no país para 2015?
Os refuxiados que veñen dende o leste, deRepública Centroafricana, e os refuxiados que entran dende Nixeria máis os desprazados internos, compoñen unha emerxencia moi latente na actualidade, xa que falamos de zonas de acollida nas que entre1 de cada 2 e 1 de cada 3 nenosxa está desnutrido e existe ademais un potencial doutras epidemias.

Creo que en 2015 a emerxencia principal será ese extremo norte do país, coa problemática de base que existe coa poboación pobre e sen acceso á auga de forma crónica, así como o conflito con Boko Haram. En canto ao ébola, non houbo casos, aínda que empregamos mecanismos de prevención e control. A polio, pola súa banda, non é unha emerxencia como tal, pero si é unha prioridade.
  • Que importancia ten a relación de UNICEF co sector privado en Camerún?
O primeiro que fixemos co sector privado é informalo sobre a situación actual da infancia; sacamos á luz, con cifras e feitos, adesnutrición crónica dos nenos e nenas. Non se pode pretender que as empresas locais colaboren sen saber cal é o problema e como lles afecta.

Celebramos un Foro Empresarial sobre Nutriciónpara explicalos que, se non facemos nada, se o sector privado camerunés non se compromete, a maioría da poboación, da que un 33% (1,2 millóns de nenos) sofre desnutrición crónica, se vai desenvolver axeitadamente e será menos produtiva no futuro. Un país pode perder entre o 3% e o 8% do PIB se non inviste en nutrición.
  • Con que perfil de empresas traballa UNICEF en Camerún?
Con empresas de telefonía, bancos, o porto de Duala, moitas empresas de transporte e loxística, que é un ámbito moi importante para abaratar custos e poñer a disposición de todas as persoas certos produtos; ou empresas do sectoragroalimentario e o sector daconstrución e traballos públicospara, por exemplo, sistemas de bombeo de auga, que viron a importancia do acceso á auga para unha boa nutrición. En canto a empresas estranxeiras, traballamos conaseguradoras e outras compañías que se informaron e teñen certo interese en colaborar.
  • Que revolución supuxo a telefonía móbil no ámbito da innovación?
O móbil abriu unha nova liña de comunicación que non existía en Camerún. O certo é que os móbiles non son moi sofisticados, pero cunha mensaxe ou aplicaciónssinxelas se poden lograr moitas cousas. Por exemplo, oU-Report é un dos novos proxectos que pretende mobilizar moitos mozos cameruneses co obxectivo de poñelos diante datecnoloxía e que axuden a outros que non saben facelo, creando vínculos e participando como cidadáns, espremendo as súas necesidades.
  • Ademais dos móbiles, que outras liñas se están a traballar en innovación?
Os meus compañeiros de auga e saneamento, e educación, están a ver que accións se poden aplicar nestes sectores para desenvolver ferramentas que favorezan o acceso á educación e á auga. Hai que ter en conta que o acceso a internet está moi limitado en Camerún e a maioría das zonas son rurais. Trátase de axudar as poboacións máis vulnerables.