Infancia en España 2014: é necesario un Pacto de Estado polos nenos
Máis de 2,3 millóns de nenos (o 27'5%) está en risco de pobreza no noso país, segundo datos do informe A infancia en España 2014. O valor social dos nenos: cara a un Pacto de Estado pola Infancia, presentado hoxe en Madrid.
Tamén creceu a porcentaxe de nenos que sofren privación material severa: dun 5,5% en 2008 pasou a un 8,3%.
Entre as causas deste aumento da taxa de pobreza infantil está o feito de que o número de fogares con nenos con todos os adultos desempregados se triplicou dende 2007 e xa se achega ao millón.
en España A POBREZA ten rostro de neno
O estudo pon de manifesto que a pobreza en España segue tendo rostro de neno. Analizando os datos por tipo de fogar, a tendencia confírmase: os fogares con nenos son significativamente máis pobres que a media e que os fogares sen nenos.
Xunto aos indicadores de benestar, España ten unhas taxas moi altas de fracaso escolar (23,1%) e de abandono escolar (23,5%, a máis alta da UE), aínda que melloraron. As bolsas e axudas de comedor e libros, dous elementos clave para reducir a desigualade no acceso á educación, víronse moi afectadas nos últimos anos. O investimento en bolsas de libros ou sistemas de préstamo reduciuse nun 45% dende 2008.
educación: A DESIGUALDADe CRECE NAS AULAS
A evolución do benestar e da igualdade de oportunidades na educación reflicte que as políticas de infancia non están a ser efectivas para frear a pobreza e a desigualdade. O noso país é, tras Grecia, o segundo da UE menos capaz de recortar a pobreza infantil: España fai un esforzo de investimento en políticas de protección social da infancia moi inferior á media da UE, cun gasto por habitante de 270 € ao ano fronte a 510 € da media europea.
UNICEF Comité Español considera urxente un Pacto de Estado para abordar aspectos básicos orientados á redución da pobreza infantil e a garantir a igualdade de oportunidades na educación.
"É o momento de comprometernos todos nun pacto que blinde os dereitos da infancia", indicou esta mañá Carmelo Angulo, presidente de UNICEF Comité Español, durante a presentación do informe. "Os datos falan por si mesmos e non podemos virarlles as costas. Responsables políticos e a nosa sociedade, todos, debemos cambiar esta realidade para romper a tendencia, por dous motivos: para asegurar o benestar e a igualdade de oportunidades para os nenos, que é o seu dereito, e porque ", indicou Angulo.
UN PAÍS ROTO POLA BRECHA DAS DESIGUALDADES
Á situación de pobreza e desigualdade únese a evolución demográfica. Os datos do INE calculan que o noso país perderá en 10 anos 2,6 millóns de habitantes e haberá case un millón menos de nenos menores de 10 anos.
De seguir esta evolución, España estará ante dous difíciles escenarios: un país con cada vez menos nenos, ou un país roto pola brecha das desigualdades. Outros escenarios son posibles, pero para iso é necesario un consenso social e político que permita un novo enfoque centrado no benestar das persoas e máis estratéxico respecto á infancia. "Polos dereitos que ten cada neno e porque na pobreza infantil está o xerme dunha sociedade máis pobre e máis desigual no futuro", puntualizou Carmelo Angulo.
"Ao igual que no seu día o Pacto de Toledo blindou os dereitos dos nosos maiores, é necesario completar ese tratando blindando os dereitos do outro sector de poboación que non ten recursos por si mesmo: a infancia. E hoxe presentamos propostas concretas para ese pacto", dixo Angulo.
Elementos clave dUN PACTO DE ESTADO POLA INFANCIA
· A loita contra a pobreza infantil e pola inclusión social da infancia, incluíndo medidas como establecer unha axuda universal por fillo a cargo, revisar e mellorar todas as axudas e apostar por uns servizos públicos inclusivos e accesibles.
· A aposta por unha educación inclusiva e de calidade, que inclúa medidas contra o abandono e o fracaso escolar, se comprometa coa estabilidade normativa e do modelo educativo, garanta o apoio escolar, as bolsas de libros e as de comedor aos que o necesiten, a protección dos recursos económicos destinados á educación e o enfoque inclusivo do sistema, incluíndo a promoción do acceso ao ensino para os nenos de 0 a 3 anos.
· Elementos xerais, que afectarían a cambios lexislativos necesarios para mellorar a situación da infancia, o impulso á participación infantil, visibilizar e protexer á infancia nos presupostos ou mellorar a coordinación das políticas e servizos dirixidos aos nenos entre as distintas administracións.
O Pacto de Estado debe incluír, ademais, un mecanismo que estableza metas, indicadores e procesos de seguimento, que permitan medir e avaliar os avances realizados.