Informe sobre conflitos armados: os nenos enfróntanse a ameazas sen precedentes
Os nenos que viven en zonas onde se producen conflitos armados enfróntanse a ameazas sen precedentes. Riscos que supoñen graves violacións contra os seus dereitos, como o recrutamento e a utilización de nenos en conflitos armados, violencia sexual, asasinatos ou mutilación, así como ataques frecuentes contra hospitais e escolas.
Estas graves violacións destácanse no último Informe Anual do Secretario Xeral sobre os nenos e os conflitos armados, publicado hoxe pola Representante Especial do Secretario Xeral para os nenos e os conflitos armados, Leila Zerrougui.
Os habituais ataques a escolas e a súa utilización con fins militares resultan especialmente abominables. Nos conflitos, as escolas deben ser vistas polos nenos, pais e familias como refuxios seguros e protexidos onde os nenos poidan aprender e desenvolver o seu máximo potencial. Un lugar no que poidan ter sensación de normalidade nun contexto no que nada é normal para os nenos.
a vida dos nenos en perigo: Sirya, Afganistán, Malí
O informe pon de relevo os incidentes producidos en varios países nos que as escolas e os traballadores do sector educativo foron agredidos ou se usaron escolas como cuarteis militares, instalacións de almacenamento de armas, centros de mando, detención e interrogatorio, e como posicións para disparar e vixiar. Estas accións poñen en perigo as vidas dos nenos, obstaculizan o seu dereito á educación e repercuten na redución das matriculacións e nas altas taxas de abandono escolar, especialmente entre as nenas.
O informe destaca algúns exemplos de diferentes rexións:
. En Sirya, miles de nenos sufriron os bombardeos, disparos de mísiles e ataques aéreos e de artillaría pesada ás súas escolas, hospitais e vivendas. Informouse do uso de coches bomba e outros explosivos preto das escolas, o que provoca mortes e feridas aos nenos. 167 traballadores do sector educativo, incluíndo 69 profesores, foron asasinados ata finais de febreiro de 2013 e 2.445 escolas sufriron danos. Nalgunhas áreas, os nenos levan ata 18 meses sen ir á escola.
. En Afganistán producíronse ataques contra escolas utilizando dispositivos explosivos improvisados e ataques suicidas, queimáronse escolas e secuestráronse e asasinado a traballadores do sector educativo. Tamén se produciron actos de intimidación, ameazas contra profesores e estudantes, así como o peche forzoso de escolas. O informe sinala dez casos de utilización das escolas con fins militares en Afganistán.
. En Malí, a toma de control do norte por parte de grupos armados en 2012 tivo un efecto desvastador no número de nenos matriculados en escolas. O informe sinala que 115 escolas foron saqueadas, danadas, bombardeadas, utilizadas con fins militares ou cubertas de municións sen estalar. En febreiro de 2013, o 86 por cento dos estudantes que se encontraban no norte aínda non tiñan acceso a servizos educativos.
UNICEF aproveita o lanzamento do Informe do Secretario Xeral para reiterar todas as partes implicadas en conflitos armados a necesidade de que fagan todo o posible para garantir a seguridade dos nenos e a protección dos seus dereitos.