ING Direct estrea un curto interactivo para apoiar a educación dos nenos
ING Direct creou O monstro que non deixaba ir aos nenos ao colexio, unha curtametraxe de animación interactiva, con motivo da campaña solidaria a favor de UNICEF España este Nadal.
Esta iniciativa ten como obxectivo conseguir fondos para axudar a que millóns de nenos sen escolarizar poidan ir ao colexio en países como Zambia, Etiopía, India e Brasil.O curto conta a historia dun monstro que impide aos nenos ir ao colexio, e que simboliza todos os problemas que existen no mundo que imposibilitan a escolarización de 61 millóns de nenos no mundo, como son a pobreza, o traballo infantil e a discriminación de xénero. "As realidades que aínda hoxe impiden a millóns de nenos ir ao colexio, e que quixemos representar con este monstro, non poden deixarnos indiferentes. Dende INGDIRECT temos o firme propósito de tratar de erradicalas porque cremos firmemente que educando os nenos podemos construír un futuro mellor", afirma Carina Szpilka, directora xeral de ING DIRECTEspaña.
os internautas elixen cómo facer desaparecer ao monstro
Nun momento da historia, o participante debe elixir entre catro finais posibles e enviar unha mensaxe dende o seu teléfono móbil co seu favorito. Os que queiran contribuír a esta acción poden facelo ata o 31 de xaneiro entrando na web www.elmonstruo.org. Unha vez enviado e en tempo real, o internauta pode ver como continúa o curto co final seleccionado e o monstro é derrotado. Ademais, con esta mensaxe os participantes estarán realizando unha doazón a favor de UNICEF España, xa que o custo íntegro do SMS, 1,20 euros, se destinará a UNICEF. A estrea da curtametraxe, que conta co seu propio trailer en Internet vai acompañado ademais dunha serie de accións en redes sociais, que animarán os usuarios a participar, vencer o monstro e axudar a que os nenos máis vulnerables poidan ir ao colexio. "As realidades que aínda hoxe impiden a millóns de nenos ir ao colexio, e que quixemos representar con este monstro, non poden deixarnos indiferentes. Dende INGDIRECT temos o firme propósito de tratar de erradicalas porque cremos firmemente que educando os nenos podemos construír un futuro mellor", afirma Carina Szpilka, directora xeral de ING DIRECTEspaña.
ING apoia a educación dos nenos
Esta campaña do Nadal enmárcase dentro do programa INGChances for Children, que o Grupo ING e UNICEF España veñen desenvolvendo conxuntamente nivel mundial dende o ano 2005. Este acordo de colaboración ten como obxectivo traballar polo dereito á educación de nenos en países como Zambia, Etiopía, India e Brasil e, dende a súa posta en marcha, xa logrou a escolarización de máis de 700.000 nenos en situación de risco e explotación laboral, grazas á solidariedade dos clientes e ao traballo dos profesionais do GrupoING.